culturagalega.org

inicio / colaboradores / Agardando as lagarteiras por Rosa Aneiros
Agardando as lagarteiras

por Rosa Aneiros

29 / 9 / 2005

Eu tamén navegar

Fuches Adiantada nos Novos Mundos antes de que outros soñasen as terras de alén do horizonte. Non foi doado. Ou si. A caligrafía debuxada en Pontevedra proporcionouche o visado cara a mundos prohibidos, universos nin sequera imaxinados polos teus veciños do Lérez. Que unha muller saiba ler e entenda o latín a finais do século XVI non era o máis común, pero tampouco o teu destino estaba escrito na
...
22 / 9 / 2005

F(e)RIDA

Sei que preguntaches por min na Casa Azul, cando Eva foi buscarte, alá en Coyoacán, a quince horas desta chuvia voraz. Non fun verte e talvez por iso impediches as fotos, para que nada da túa alma fuxira da Casa onde prometín visitarte hai xa tantas memorias. Non houbo imaxes dos teus recunchos para non estragar as palabras que quedaron enganchadas das lámpadas e dos tapetes das cómodas. As carta
...
15 / 9 / 2005

A escada do ceo

O teu rostro non para de voar. Lévao facendo dende hai anos, cando saíches da túa aldea de Guinea-Bissau, ou de Malí ou de Níxer. Cando saíches da máis absoluta e degradante miseria. O voo partiu do inferno cara á esperanza e, polo medio, como peaxe necesaria, perdiches a inocencia. E agora tes en fronte de ti un simple valado de espiño. Dinche que nel podes perder as plumas, que impedirá a túa at
...
1 / 9 / 2005

Un cravo deitado no mar

A terra nunca che será leve porque a amaches por riba de todas as cousas. Fará por engulirche a alma de cadáver cego para nutrirse da túa beleza. Florecerán os cravos de abril máis tinguidos de sangue ca nunca e os tanques dispararán salvas de despedida no Largo do Carmo e na Avenida da Liberdade, aí onde a multitude te buscará e te atopará en cada lastra. A igrexa de orgullosas ruínas, metáfora d
...
25 / 8 / 2005

Quen chora a Hilary Swank

Se che digo Becky que te intuín antes de coñecerte dirasme que minto. Dirás que houbo máis persoas que che dixeron o mesmiño. Dirás que agora é doado. Agora que todo pasou resulta mesmo imbécil advertir que a túa foi a crónica dunha derrota anunciada. Dun xa se ve vir que, dramaticamente, fuches a única que non quixo entender. E así foi. E así marchaches, heroína enfundada en botas de coiro e luv
...
18 / 8 / 2005

O centro do mundo

A Restreba. Así se chamaba a nosa unitaria antes de que lle puxesen un nome ben sonoro pero menos luxoso que o topónimo co que nos seguimos a referir a esa escoliña branca de grandes ventás e cadeiras diminutas. Tiñamos tres anos e o mundo permanecía choído naquel universo existente entre a casa e a escola. A penas douscentos metros por unha estrada militar sen alumeado nin beirarrúas. Os pícaros,
...
11 / 8 / 2005

Muller de mar

Non é que non tivese fe en ti. Abofé que si. Dende que te vin sucar as augas do Atlántico a bordo desa casca de noz e rodeada dunha tripulación mínima non dubidei da túa afouteza. Nunca entendín moi ben que te move. Descúlpame. Sigo sen entendelo. Que fai que unha persoa decida dar a volta ao mundo nun cascallo mínimo. Es tan pequeniña ao carón dese inmenso océano, non sei se o sabes, véseche tan
...
9 / 8 / 2005

Voyeur

Non vou mentir. Vou dicir só a verdade, a literaria, a ficcional e máis a tanxible. As dúas caras da mesma moeda que ti tan ben alternas nese xogo máxico de dedos.Como nos xogos dos trileiros, sempre hai alguén que engana e alguén que se deixa enganar. As rúas non serían iguais sen ese xogo infantil en que desvelamos as cartas. Hai unha muller que serve de cebo e nós picamos. Acontécenos exactamen
...
4 / 8 / 2005

Atallo para unha guerra

-¡Faime un castelo, faime un castelo! –berraches emocionada- ¡faime un castelo con dúas torres, unha para ver a nosa casa e a outra para ver América! Baixei a ollada toldada de arcanxos e enzoufei as mans na area. Propúxenme a tarefa de facer un furado fondo, tan fondo como os nosos medos e os nosos exilios. Quizais eu buscaba na auga purificadora nas profundidades da Terra o mesmo ca ti no aire c
...
28 / 7 / 2005

A perla do sur

A area é branca e finísima, escorrega das mans como se fose fariña e zarrapica os pés tostados polo sol. Parecen roscas de canela nun leito de azucre moído. Díxenche isto sen pensalo e de corrido, como quen reza o rosario e nunca mide os pasos. Díxencho coa ollada perdida no azul que é case neve no amencer e se dilúe en silencio na auga. Igual ca un bico. O tenue sorriso da escuma peiteaba as no
...
11 / 11 / 2004

Ollada de papel

Non me olles así, dixeches. Non sei ollar doutra maneira, respondín, aínda sendo consciente de que mentía. Sei mirar con devezo, con melancolía, con pavor. Sei chiscar os ollos como se fose miope. Sei abrir as pupilas ata o infinito. Sei rifar e máis sei agradecer cunha simple mirada de auga. Pero a ti, o que realmente che molestou foi a miña aparente indiferenza. Ese modo de avanzar pola túa olla
...
11 / 11 / 2004

A cidade dos prodixios

Confésovos que en ningún momento dubidei. Nin se me pasara pola cabeza o que despois me asaltou cando nos vimos fronte a fronte. E pregunteime que tería sucedido se. Se nos mirásemos aos ollos e non nos encontrásemos. Se nos chorasen as meniñas na busca do tempo perdido. Se non soubésemos atoparnos o brillo nos ollos. Supoño que nos quixemos demasiado. Que amamos todos e cada un dos nosos pasos, q
...
11 / 11 / 2004

Terra de sangue escravo

Sei que o tempo non se acabara porque aínda os nosos brazos suaban silencios intempestuosos na morna calor do Caribe. Os ollos brillábannos cun insaciable olor a luz. -Vai calor, dixeches. -Demasiada auga, respondín. E a luz dourada dos mogotes do val de Viñales, provincia de Pinar del Río, abalanzouse sobre as nosas olleiras.
...
11 / 11 / 2004

Kamchatka

Aprendemos a xogar co TEG –Técnicas e Estratexias de Guerra- no mesmo día en que me xuraches non coñecer as regras da baralla. Díxenche que non me gustan os pasatempos -eu non quero morrer no tempo que pasa- e ti porfiaches en que había ser unha partida nada máis. Nunca fun boa estratega militar, velaí a miña febleza ante o taboleiro de continentes e océanos. Pero aquel día crin en Kamchatka. Crin
...
11 / 11 / 2004

París ben vale unha misa

O pasado martes volvemos a París. Os acordeóns arrolaban o noso paseo polo Sena e fixeron que me sentira cansa. Talvez máis cansa do que nunca estivera. Non cho dixen, claro, porque París ben vale unha misa e eu tiña tantas ganas de regresar que obviei aquela incómoda sensación de vaído. Non lembraba a maior parte das cousas, supoño que porque a nosa entrada anterior fora ben distinta. Non obstan
...
11 / 11 / 2004

Agardando

As lagarteiras mudan a camisa esta tempada. Non o fan a inicios de verán como sería de prever, pero xa se sabe que isto do cambio climático afecta aos réptiles literarios tamén. Mudamos a camisa completa, deixando a pel en cachos ciscada polas silveiras desta ribeira cibernética. Mudamos para revestirnos de escamas novas, que son as mesmas porque teñen as mesmas células literarias e son diferentes
...
11 / 11 / 2004

A Compostela, nesa entraña soidade

Santiago parécese cada día máis a unha esperpéntica voda amenizada por músicos cíngaros de Romanía. Con banda sonora de trompetas e pratos estridentes, deambulan pola cidade músicos proscritos, mimos amidonados, cunchas de vieira, panos multicolores, berros de oé oé oé oé oé, estudantes sen aprobados e turistas de padal exquisito en mariscos e albariños nun desfile grotesco digno dos espellos defo
...
11 / 11 / 2004

Faite muller como eu ás veces me fago mar

Agora que levo unhas semanas recollendo textos de poetas de América Central e América do Sur (non me pidades que empregue Iberoamérica ou Latinoamérica porque iría contra os principios máis elementais) quero agasallarvos un poema de Vicente Huidobro. Huidobro (1893-1948) pertence a esa ondada de autores chilenos que se deixaron enguedellar pola vangarda en terras europeas. Braceei como só se brace
...
11 / 11 / 2004

Unha canción desesperada

Nin quero escribir os versos máis tristes esta noite nin me gusta cando calas e estás como ausente. E quero que a miña voz te toque. Non quero que, para que ti me escoites, as miñas palabras adelgacen ás veces como as pegadas das gaivotas nas praias. Nin para o meu corazón abonda o teu peito. Para a túa liberdade non chegan as miñas ás. Tampouco a miña boca achegará ata o ceo o que estaba durmido
...
11 / 11 / 2004

Onde quebrar as suas ondas

A derrota da selección portuguesa na Eurocopa conmocionou ao país luso, quen viviu nunhas semanas a euforia dos triunfos futbolísticos como se fosen índices bursátiles de empresas propias nos mercados internacionais. As portadas e cabeceiras dos medios españois enchéronse de imaxes de Rui Costa, Cristiano Ronaldo, Deco ou Carvalho que lamentaban a caída ante o equipo grego. Non obstante, algo máis
...
11 / 11 / 2004

Tras a crúa invernía

O Estevo Creus de “Areados” e “O libro dos cans” advírtenos deste andazo chamado espanto que nos agarda nos cantos das maceiras. E constrúenos como enxertos de pel nas costas da realidade. Para deixarnos os ollos vidrosos de sono e noxo ante as evidencias do que non somos. Retobatar a terra das evidencias ante a chegada da primavera para desposuírnos –unha vez máis- do frío xélido do inverno. Ist
...
11 / 11 / 2004

Cousiñas

A colección Árbore de Galaxia vén de sacar do prelo un fermoso volume titulado “Cousas dos nenos” de Castelao. Resulta esta unha iniciativa loable, non só pola recuperación que supón da obra do ilustre rianxeiro, senón polo achegamento da súa figura aos pícaros. Non podemos esquecer que os cativos e as cativas son esponxas permeables que asimilan e gravan na memoria todo o que aprenden. Achegalos
...
11 / 11 / 2004

Premios Casal

Os premios literarios destinados á mocidade son como as comportas dun encoro. Namentres permanecen fechadas, a auga vaga estantía con pouca emoción e ningunha motivación. Hai correntes submarinas que remexen os fondos como unha serpe silandeira e tamén bañistas que se deleitan na superficie, descoñecedores do inmenso abismo que afunde nos centos de metros de profundidade do encoro. Porén, cando as
...
11 / 11 / 2004

25-a

A Assembleia da República portuguesa vén de publicar un libro titulado <25 de abril> destinado ao público infantil. As crianças teñen a oportunidade de se achegar ao seu pasado inmediato da man de textos didácticos e fotografías que ilustran a transición democrática que en Portugal veu da man dunha revolución non violenta. Creo que é boa hora de recuperar abril, síntoo cada vez que viaxo a Portuga
...
11 / 11 / 2004

A propósito do pan

“Do descoñecido ao descoñecido” podería ser o título dunha canción, unha promesa de amor ou un canto nihilista. Podería ser calquera desas tres ilusións e é o título da recompilación de toda a obra poética de Manuel Rivas entre os anos 1980 e 2003. Resulta complicado achegarse a ela agardando unha mensaxe uniforme, un simple desafío intelectual nas letras dun dos autores máis prolíficos e, xa o sa
...
11 / 11 / 2004

Sherezade na rede

Hai libros que, de non existir, habería que escribilos. Esta frase non é miña, como tantas outras, senón que lla tomei emprestada a un home –desculpade que non lembre o nome pero son así de despistada- da lonxa literaria de Moaña. El aprenderíalla a alguén e ese alguén a outro alguén porque a fin de contas iso é o que facemos todos, escribir vidas sen notas a rodapé coas referencias iniciais. Ao
...
11 / 11 / 2004

Enrédate

Xaquín Lourenzo publicou en 1958 “Enredos” na “Revista de Dialectología y Tradiciones Populares”. Esta obra sérvenos para volver ser cativos. Nuns casos poderemos lembrar os enredos cos que xogamos e, noutros, aqueles que divertiron aos nosos devanceiros. A eles, os xogos ocorríanselles namentres traballaban. Cando alindaban o gado, cando recollían o maínzo, cando levaban o gran ao muíño ou cando
...
11 / 11 / 2004

Carta a S.S.

Existen historias que son como espirais que circulan en sentido contrario. Que navegan do centro aos arrabaldes e conforman unha serpe retorta de símbolos e signos. “Orixe” é unha desas novelas que non ten principio nin final. Acaso o final sexa o principio e a singradura polas palabras sexa só unha ilusión óptica de lectura. Do que cremos ter lido e, se cadra, soñamos. Porque “Orixe” lévanos ao
...
11 / 11 / 2004

Muller de aurora

Adoito navegar por Internet, ás veces máis tempo do que desexaría. Do que a razón me permitiría se estivese no seu bo xuízo. Hai días en que navego á deriva; outras nado guiada por ventos variantes que sempre me conducen aos mesmos sitios; outras deito o corpo sobre as ondas e me arrastran a paraísos insospeitados en terra; outras, simplemente, floto. Logo existen outros momentos en que me deixo e
...
11 / 11 / 2004

Cores de mar

Begoña Martín Acero e Paloma García Méndez son dúas autoras eonaviegas que veñen de nos agasallar un libreto cheo de luces e brillos para esta primavera fría. O seu “Mar de cores” convídanos a unha suxestiva viaxe que abrangue do amplo abano cromático aos máis distantes puntos do globo terráqueo. Todo un convite para degustar as cores da estación que abrolla tardía e, á vez, inesperadamente. Como
...
11 / 11 / 2004

Cuba

Hoxe non vou falar de ningún libro porque non me apetece. E diredes, para iso estás aí, non para outra cousa e supoño que debería ter o pudor de non escribir hoxe. Non obstante, vou falar de literatura e, probablemente de mellor literatura que outras veces. Porque non toda a literatura cabe nos libros. Non habería árbores no mundo para tanta creatividade. Para tanto soño. E a min acábaseme de pech
...
11 / 11 / 2004

Con rancor

Sen sangue pero con tanta violencia. Regresa Alessandro Baricco logo das viaxes por “Terras de cristal”, “City”, “Océano mar”, “Novecento” ou “Seda” cara ao interior do ser humano. Regresa sen nada, coas mans baleiras e as palabras sentenciadas con dozura para que non doan. E, no fondo, feren tanto. “Sen sangue” quere ser unha reflexión sobre a capacidade de destrucción do odio e sobre a relación
...
11 / 11 / 2004

Estranxeiros de nós mesmos

Hai maneiras e maneiras de convivir cun mesmo. Existen modos corteses, outros condescendentes, outros satírico-burlescos, outros grandilocuentes e outros mesmo compasivos pero, curiosamente, ningún escapa ao esperpéntico. A esa busca desesperada por encontrar unha desculpa para seguir, unha mísera desculpa como rematar un libro, un proxecto ou a carreira. Unha gran desculpa como facer a compra, da
...
11 / 11 / 2004

& Cabo Verde

São Vicente, São Antao, Santa Luzia, São Nicolau, Bravo, Fogo, Sal, São Filipe, Boa Vista, Malo e São Tiago son once illas depositadas como bágoas secas de Deus na ribeira do Atlántico norte africano. Corsino António Fortes naceu en Mindelo, illa de São Vicente, nese Cabo Verde exhausto dun pasado magoado pola suor de escravos e a falta de chuvia. Este autor escribe nos seus poemas cánticos que im
...
11 / 11 / 2004

Silencio, resistimos

A ausencia de ruído adoita facilitar a comunicación. Só ás veces. De cando en vez é preferible o ruído para afogar o silencio, esa nada abismal na que mergullamos cando nos rompen a posibilidade de nos expresar. Cando escachan nun espello de azougue o noso desexo de ser. Na semana da muller traballadora (tan só unha máis para as que somos escépticas coas efemérides), a campaña electoral, o brutal
...
11 / 11 / 2004

Os ritos de Paul Auster

“The story of My Typewriter” (“A historia da miña máquina de escribir”) de Paul Auster e Sam Messer é unha historia que eu nunca podería escribir. Non porque non saiba escribir como Paul Auster. Que, evidentemente, non sei. Nin porque non saiba pintar como Sam Messer. Que tampouco sei. Senón porque eu non teño máquina de escribir. É máis. Sufro arrepíos só de pensar en teclear liña a liña con incu
...
11 / 11 / 2004

Envexa de Michael, Christopher e Priscilla

Como aínda pode caer neve, malia que as árbores froiteiras xa floreceran, hoxe vou falar do inverno no Norte, moi ao Norte. Como aínda vén o frío polar, malia que as mimosas refreguen o seu polen no meu nariz con insolencia, hoxe vou falar dun mundo de xeo. Como aínda teño o corpo aterecido e cheo de frías, malia que un anticiclón sorprendente nos elimine da listaxe cotiá de comunidades en estado
...
11 / 11 / 2004

Os fantasmas de Pessoa

Manuel Jorge Marmelo é unha boa mostra de que os congresos de escritores son un luxo e unha imprescindible ferramenta para o coñecemento. De non ser por este tipo de eventos aos que unha e outro acudimos é probable que perdese o pracer de coñecer a un autor prolífico, orixinal e auténtica revelación xa consagrada en literatura portuguesa. Digo que de non ser polos congresos sería difícil dar con e
...
11 / 11 / 2004

Botín mariño

O outro día pasoume unha cousa dramática, desas cousas dramáticas que adoitan aparecer nos diarios de Anxos, outra melancólica compulsiva. É unha historia infinitamente triste, cun fío de amargor tan tenue como persistente que escaravella na memoria e deixa un oco abismal e profundo. Aconteceume no supermercado, cando facía a compra diaria e pensaba, como aquela muller toda chea de razón na cola d
...
11 / 11 / 2004

Dous novos abismos

A colección Abismos de Edicións Xerais de Galicia, editorial que neste ano celebra o seu XXV aniversario, vén de presentarnos un novo rostro, unha nova porta cara ao abismo da lectura. O redeseño da colección é contundente, cunha plasticidade que chama a ser engulida non só co sentido da vista senón tamén co sentido do tacto. Os novos títulos continúan coa liña marcada pola colección de publicac
...
11 / 11 / 2004

Oito contos de Nadal e unha esperanza

Agora que medran os días e os supermercados están baleiros por mor deste costento fin de mes, quero lembrar o Nadal. Quero lembrar a miña árbore chea de fitas de cores, as tarxetas agochadas pola casa, a preparación da bandexa dos doces coa miña irmá ou colocar o marisco na mesa co meu pai. Quero lembrar ese tempo de choiva e días pequeneiros agora que apreta o frío e que cada día gañamos uns minu
...
11 / 11 / 2004

A propósito de Iraq

Neste incerto arame en que me movo, ese que abanea da realidade á ficción, hoxe decanteime polo real. En certas ocasións a pegada da verdade faise tan fonda que abre sucos na epiderme e unha non pode virar a ollada porque, se a vira, só hai abismo. Un abismo incómodo e magnético que, nun xogo de polos, atrae e repele coa mesma forza. A subtil andaina cara á indiferencia pasa por camiñar na punta d
...
11 / 11 / 2004

Carta a C.N.

Cando na mitoloxía grega Paris raptou a Helena non o fixo cun obxectivo de estratexia política. O mozo, simplemente, deixouse embebedar pola súa impresionante beleza, aquela que anunciara Afrodita. Sen embargo, cando Menelao, esposo de Helena, decidiu invadir e destruír a cidade de Troia para recuperar a súa muller fíxoo para controlar imperialísticamente o estreito dos Dardanelos e comerciar cos
...
11 / 11 / 2004

Esa vaca sagrada

Falar de Amélie Nothomb en Francia é xa referirse a unha das vacas sagradas da súa literatura. Con máis de cinco millóns de libros vendidos nunha traxectoria literaria que arrinca en 1992 e navega a unha velocidade de cruceiro de título por ano, esta autora nada en 1967 no Xapón conta co privilexio de ter como amantes a dous sectores non sempre conciliados: a crítica e os lectores. A editorial Gal
...
11 / 11 / 2004

Carta dunha republicana ós reis magos

Escribín poucas cartas de reis na miña vida. Non por nada, senón porque eu sempre agardaba a chegada de Papá Noel e non dos magos de oriente. Non pensedes que os meus pais se deixaron enganar pola “perfidia ianqui”, que diría Curros Enríquez, do home vermello senón que se trataba de prolongar o tempo de lecer cos novos xoguetes. Sei que queda feo que unha republicana escriba cartas ós reis magos q
...
11 / 11 / 2004

A conto do Nadal

Chega o tempo do Nadal, un tempo de neve artificial, papanoeis artificiais e árbores artificiais que zarrapican as rúas fluorescentes das cidades. Non sei se queda do Nadal (ou se algún día houbo) algo máis que o artificial pero, paradoxalmente, eu son unha das grandes defensoras destas festas. Gústame este tempo de enchentas familiares, de costumes repetidas, partidas de tute e “felicitacións” co
...
11 / 11 / 2004

Ela, a inventada*

Texto. Pretexto. Contexto. Paratexto. Intertexto. Metatexto. Digresión. Ás veces resulta complicado saber onde reside o significado. Ás veces é atractivo rebrincar entre os carreiros da palabras e agochar o sentido da escrita. Ás veces, poesía. Emma Couceiro é un río de lava transparente que nestes días de enchente desborda o seu leito para anegar a superficie física das nosas entrañas, as entraña
...
11 / 11 / 2004

Carta aberta a M.L.

Unha carta pode escribirse pola necesidade de dar un aviso. Non –dirás- para un aviso empregas o teléfono, o servicio de mensaxes, o correo electrónico ou a carreiriña dun can. É certo. Se cadra é que teño que dicirche algo máis. Algo que non se di nas conversas do cotío, nos intercambios rápidos de información ou nos momentos en que nos cruzamos nos recitais. Se cadra si teño algo máis que dicir
...
11 / 11 / 2004

Literatura de urxencia, literatura preventiva

Nunca máis. A ollada da infancia; Alma de beiramar perdida; Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra; Sempre mar. Cultura contra a burla negra; Nunca máis. Galiza á intemperie; Botella ao mar; O corvo de chapapote; A praia da esperanza; Parando a marea negra; No país de Nunca máis; Cuspindo a barlovento; H2OIL. Colectivo Chapapote; Nunca máis. A voz da cidadanía; Retratos voluntario
...
11 / 11 / 2004

Carta para ti

Hoxe viñéchesme á memoria. Loce o sol en Santiago pero estou segura que ha chover. Aquí xa sabes que non hai seca fría de novembro, que nin sequera a choiva respecta ó San Martiño que nos cura a matanza. Lembreite hoxe, un ano despois, cunha querencia estraña e unha saudade extrema. Acordei daquela intemperie e acordeime de ti.
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes:Como nos venden esta vida...

Hai múltiples maneiras de pechar os ollos. É o máis doado. A realidade pode negarse mediante casamentos reais, mercas compulsivas ou programas de televisión de sobremesa. Para contrarrestar a inopia quedan aínda pensadores que se atreven a chamarlle ás cousas polo nome. Noam Chomsky e Ignacio Ramonet son algunhas desas mentes lúcidas. Por Rosiña
...
11 / 11 / 2004

Parando a ameaza

Con motivo do aniversario da catástrofe do Prestige, están a aparecer diferentes iniciativas que se caracterizan polo seu carácter recordatorio e pola reivindicación ecolóxica, económica e social. É o caso de “Parando a marea negra”, un cómic con guión de Marilar Aleixandre e ilustracións de Fran Bueno que edita a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega na súa colecci
...
11 / 11 / 2004

"Literatura é liberdade"

Este é o título do discurso que pronunciou a escritora norteamericana Susan Sontang hai unhas semanas na entrega do Premio da Paz dos Editores e Libreiros alemáns. O xornal “El País” reproduciu o 15 de outubro un amplo fragmento da súa disertación da que se tira a extraordinaria vocación literaria da autora, así e como a capacidade crítica para co seu contorno sociopolítico. Desgraciadamente, name
...
11 / 11 / 2004

De catro a catro

Estase falando nos últimos tempos de crise no sector editorial galego. Un dos primeiros en dar a voz de alarma foi Miguel Anxo Fernán Vello, editor de Espiral Maior, quen anunciou os graves problemas económicos que estaba a atravesar a súa empresa. Espiral Maior, fundada en 1991 e con máis de 265 libros en catálogo, é unha editorial que salienta polo esforzo e pola lucidez poética. Por iso hai unh
...
11 / 11 / 2004

Unha aperta por ti

Eduardo Galeano escribiu no ano 1995 un libro titulado “El fútbol a sol y a sombra”, no que fai unha homenaxe ó chamado deporte-rei “música do corpo e festa dos ollos” e denuncia, así mesmo, as estructuras de poder dun dos negocios máis lucrativos do mundo. Eu non sei que diría Eduardo Galeano sobre os dramáticos acontecementos que tiveron lugar o pasado martes, 7 de outubro, no estadio San Lázaro
...
11 / 11 / 2004

"A melancolía pode matar"

Melancolía: neboeiro que é atravesado pola lanza da mañá. Esta definición é só unha das posibles, tal vez a máis fermosa, dun concepto que se pode afrontar dende a perspectiva filosófica, psicolóxica ou literaria. Non vou ser eu quen entre en disquisicións enciclopédicas cando xa houbo cerebros máis lúcidos có meu que se perderon na súa natureza viscosa e húmida. Anxos Sumai e Camilo Franco anaina
...
11 / 11 / 2004

Alma de beiramar

O verán non nos quere deixar abandonados este ano. É consciente de que, en canto marche, as arroutadas do inverno poden sacudirnos profundamente os corpos e as almas. Sabe tamén que nós, por moito que presuman anuncios televisivos de compañías eléctricas, non somos ninguén ante a intemperie. Por iso este verán non marcha e estira as últimas raiolas nunha sorte de tregua final antes da gran batalla
...
11 / 11 / 2004

Palestina e México á sombra da figueira

“E vendo (Xesús) unha figueira preto do camiño, veu a ela e non atopou nada nela máis ca follas e díxolle: ’Nunca máis naza de ti froito’. E, logo, secou a figueira” (Mateo, 21:19). Gracias á lectura da Biblia que o meu avó me recomendaba cada noite, souben que en Oriente Próximo había figueiras e oliveiras. Sempre me chamou a atención que a árbore nai da miña casa familiar, esa que n
...
11 / 11 / 2004

Dor en estado puro

Conta Borges que Miguel Servet díxolles ós xuíces que o condenaran á fogueira: “Arderei, pero iso non é outra cousa que un feito. Xa seguiremos discutindo na eternidade”. Eu nunca cualificaría a morte como un feito ou, polo menos, como un simple feito. É certo que peco de covarde nese meu desexo evidente de negar a morte. Niso síntome cómplice do resto da sociedade moderna que, como denuncia o ant
...
11 / 11 / 2004

Carta aberta a X. A.

Volve setembro, desta volta con máis azos ca nunca. A inestabilidade atmostérica, esta que anuncia un verán de San Miguel tórrido, non impide a vontade de recuperarmos as tarefas pendentes e iniciar a aventura doutras tan doces como amargas. Hoxe "Agardando as lagarteiras" abrolla con folgos inexplicables e unha sección de estrea titulada "Carta aberta a". Trátase dun periplo dende a creación na q
...
11 / 11 / 2004

Doce compaña

¡Vacacións! Coincidiredes comigo en que este ano non nos daban chegado. Tanta auga, tanta guerra e tanto chapapote ennegrecían o ceo ata o punto de pensarmos que nunca máis poderiamos ver o sol. Pero chegou, confirmando unha das miñas sentencias máis repetidas nos últimos meses: “nunca choveu que non escampara”. Para celebrarmos a festa da luz, do folgar e das longas noites de verán onde o corpo a
...
11 / 11 / 2004

Tempos mellores

Isto xa non é o que era. Esta frase tan repetida acaba facendo que a xente nova abanee a cabeza: os máis vellos cren que todo tempo pasado foi mellor. Sen ir máis lonxe, cando o meu pai inicia a súa famosa frase “pois cando eu era cativo” a resposta da miña irmá é espetarlle o seu imprudente “veña, outra batalla”. A el séntalle como unha patada. Sempre crin que evocar as imaxes da memoria para ret
...
11 / 11 / 2004

Remexendo nos galpóns da memoria

A literatura nútrese a miúdo da memoria. Personaxes que lembran, flashbacks que evocan momentos do pasado e recuperacións de memorias históricas que alimentan o presente e as arelas de futuro. Marica Campo xoga en “Memoria para Xoana” coa máis pura tradición popular do relato oral. Ela ganduxa, paseniño e con fío de cobre, o tecido familiar de varias xeracións de mulleres a través dunha voz que na
...
11 / 11 / 2004

Onde o mundo é laranxa

A cor laranxa non tiña nome que a designase en ningunha das linguas europeas ata que o froito, a laranxa, chegou de terras asiáticas. Eu aprendinlle a Fran Alonso un cualificativo que me enfeitizou para referirme a esa cor: abutanada. “Era coloradiña como unha bombona de butano”... non hai quen teña dúbida de cómo era esa tonalidade. A cor laranxa serve nos últimos tempos para identificar, seica,
...
11 / 11 / 2004

O xardín das caricias

Hai azares que non son azares. Os sucesos sorprendentes cumpren un cometido nas nosas vidas que resulta doado mistificar. E hai silencios cheos de sentido que descobren as mans amigas que manipulan os monicreques do noso día a día. Chssss... Agora que ninguén nos escoita direivos que me fascina o mundo árabe, a cor do lombo do mar e mais a literatura “pensada” para nenos e nenas. Non é a primeira
...
11 / 11 / 2004

Soños en Neverland

A carpa do País de Nunca Máis é un proxecto cultural promovido pola Plataforma Contra a Burla Negra. Este evento, que percorre a Galicia costeira de Culleredo a Pontevedra pasando por Lira, supón un punto de encontro rico e interdisciplinar que aglutina as máis diversas disciplinas artísticas do país. Da videocreación ó teatro; da música á escultura e da fotografía á performance, centos de creador
...
11 / 11 / 2004

O milagre do buscapeixe

"O buscapeixe" é un conto que nos agasallou Xelís de Toro nos relatos de verán de La Voz de Galicia de 2002. Esta historia volve ter actualidade no ano que nos tocou vivir ou, máis ben, que nos fixeron vivir. O autor santiagués pon de relevo a importancia do peixe para unha comunidade que vive, basicamente, do mar. Fala da necesidade de busca, do brillo dos ollos, da esperanza e da cegueira, const
...
11 / 11 / 2004

Un abrente e sete bágoas de chapapote

“Sete noites e un mencer” é o título da obra de Fernández Naval coa que se agasallou ós membros de Biblos Clube de Lectores, unha iniciativa pioneira e arriscada no ámbito da distribución da literatura galega. Este conxunto de relatos, o primeiro volume da Colección Mandaio, introdúcenos no mundo da Galicia rural e da Galicia urbana; dos voluntarios e dos eivados; da sordidez e das luces do amor.
...
11 / 11 / 2004

Metáforas do cinismo

“Soñar pedras con fútbol” é o título dun relato de Daniel Asorey Vidal gañador da onceava edición do Manuel Murguía de Narracións Breves. Esta historia acaba de ser publicada nun volume colectivo editado por Espiral Maior baixo o epígrafe de “De soños e memorias”. Non é que os restantes relatos do libro non me interesen. Resulta que este texto me interesa particularmente tanto polo tratamento como
...
11 / 11 / 2004

A máis fermosa historia de amor

Layla, you’ve got me on my knees./ Layla, I’m begging, darling please./Layla, darling won’t you ease my worried mind. O retrouso desta canción, unha das máis apreciadas polos seguidores de Eric Clapton, fai referencia a un amor imposible de alicerces lendarios árabes. Se esta canción foi dedicada a Patty, a muller do seu grande amigo George Harrison e que acabaría sendo a propia
...
11 / 11 / 2004

¿Quen pode máis, o home ou a muller?

Estes días non podo quitar da cabeza ós alxerianos. Non imaxino a sensación de que o chan escache baixo os nosos pés, esa inestabilidade absoluta que nos converte en monicreques a expensas dunha forza natural suprema. Un terremoto fai que todo o que alguén construíu esfarele como un castelo de area. Da noite para a mañá, esténdese o silencio, os montes de entullo e os ladridos dos cans que buscan
...
11 / 11 / 2004

El é un veleiro

Conta Anxo Quintela que, cando representaron "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" en Noia, a pel púxoselles de galiña e a voz quebrou o aire. Conta Lola Arxóns que esta semana, o biorritmo anda un pouco alterado por mor dos actos e que o corazón navega magoado polos recordos. Contan Sofía e Lois que estes días os amigos son máis amigos ca nunca e que se senten un pouco desbordado
...
11 / 11 / 2004

O traxe novo do emperador

Cando escoitamos ós nenos dámonos de conta de que os pretendidamente adultos vivimos mergullados nunha gran mentira proclamada a berros. Recoñezo que decote (pre)síntonos protagonistas absurdos do conto de “O traxe novo do emperador”. Véxonos espidos polo mundo, amosando sen pudor a miseria das nosas vísceras e fico abraiada porque ninguén se atreve a sinalar co dedo as cinco evidencias que collen
...
11 / 11 / 2004

A luz dos cadáveres incógnitos

Granada ten o sabor acedo do cadáver de Lorca e os seus máis de oito mil mortos durante a guerra civil española. As súas sombras camiñan e pérdense polas rúas estreitas do Albaycin e do Realejo sementando pingas de sangue no empedrado. Os seixos dos ríos Genil e Darro (“uno llanto y otro sangre”) incomodan o andar e metaforizan a dor dunha cidade que agocha, nos ecos flamencos das covas do Sacromo
...
11 / 11 / 2004

Poesía asediada

A poesía prepáranos chineiros en que manter os alimentos do espírito ó fresco en canto as bombas esgazan as miradas. Hai versos como almofadas en que deitar a alma namentres o corpo agarda a chegada da luz do día. Hai longos poemas en que o asedio a un pobo non converte a poesía nun estado de excepción. Pode, pero non o fai. Emancípase a literatura das atrocidades do ser humano e levita, coma unha
...
11 / 11 / 2004

Bernardino Graña: o mariñeiro de palabras

Parece que escampa. Logo dun inverno como o que vimos de vivir, a chegada do bo tempo e o incremento paulatino das horas de luz semella unha beizón. A calor devólvenos, ós da ribeira, a ansia do mar, ese mar que non esquecemos e que segue a ser manchado co lixo que máis turba. O das mentiras. Contra a barbarie, é tempo de crer. E de crear. Volver a Bernardino Graña. Deletrear ámbar de sangue, vaga
...
11 / 11 / 2004

¡Vede a roseira nos acantilados!

A primavera é fermosísima en Noia. A feira dos domingos onde as mulleres ofrecen o cebolo e as flores a prezos exiguos resulta un magnífico lugar para o encontro cos noieses que pasean o seu espírito vilego. O seu orgullo de vila medieval. Estes días Noia está, se cadra, moito máis fermosa. O recoñecemento a Avilés de Taramancos co Día das Letras Galegas 2003 enche de satisfacción ós amigos e ós v
...
11 / 11 / 2004

O conto do gato chosco

O meu padriño só sabía contarme un conto dos que os nenos considerabamos contos. Cando eu lle pedía que me contase unha historia optaba por dúas variantes: ou os contos de Cuba ou o CONTO. O conto do meu padriño era así, grande, fermoso, farturento e saudoso. Era o único conto que tiña sentido na boca dun emigrante da fame. Era o único conto co que aínda lle vexo o rostro engurrado en contrapicad
...
11 / 11 / 2004

Palabras en pé de guerra

A perversión da linguaxe é un dos grandes males da Humanidade dende o inicio dos tempos. Parece unha esaxeración. Sen embargo, debemos ser conscientes de que, no nome da palabra, xustificáronse as maiores agresións do home contra o home. A demagoxia nos discursos e as explicacións máis absolutamente hipócritas están a caracterizar un conflicto bélico que, máis que unha guerra e no nome da pureza d
...
11 / 11 / 2004

A burla da grandilocuencia

Xurxo Borrazás vólvenos sorprender cos seus "pensamentos impuros", tal e como fixera con "O desintegrista". A sorpresa abanea entre o desconcerto e a sorna máis aberta da que tanto nos podemos gabar os galegos. Podemos sorrir cun volume que anda no gume entre a realidade e maila ficción con certa burla de nós mesmos. Nun día coma hoxe supoño que se fai necesaria a gargallada. Para non chorar e sen
...
11 / 11 / 2004

Non no noso nome

Debería falar de literatura. Claro que si. Para iso teño aberta esta fiestra ó mundo dos amigos de culturagalega.org. Pero hai días en que custa moito falar de literatura. Lévovolo demostrando moitos días. Si, o que custa falar de literatura cando a realidade se fai tan dura, tan incomprensible, tan histriónica. Di Miguel de Lira que moitos actores lle botan en cara que se meta coa política. El co
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes e os teus espacios: Amigo Medo

“AMIGO MEDO” É A NOVELA DAS ESCUSAS. TAMÉN DAS GANAS DE FALAR QUE PASAN OS VELLOS, E DOS SEGREDOS QUE ACOMPAÑAN E TINGUEN A VIDA. O PASO DUN XENERAL REPUBLICANO POR ZAMORA, COA INTENCIÓN DE CHEGAR A PORTUGAL EN XULLO DO 36, SÍRVELLE Ó ESCRITOR XAVIER LÓPEZ COMO ESCUSA PARA CEDERLLE A PALABRA A UN VELLO, QUE TAMÉN UTILIZA O SEU TESTEMUÑO COMO ESCUSA PARA REVELAR UN SEGREDO DE CINCO ESTRELAS E REPAS
...
11 / 11 / 2004

A morte de Carlos

Hai libros que unha non quere ler porque sabe que, cando os remate, o autor morrerá un pouco máis con eles. Esa é a explicación de por que non quixen ler “O sol do verán” ata onte. Parecíame que, canto máis prolongase a súa lectura, máis prolongaría a esperanza de vida nas palabras de Carlos Casares. Cando leo toda a obra dun autor fico triste, coa sensación de que xa non pode contarme nada máis.
...
11 / 11 / 2004

Ai Sálvora, ai San Vicente

Antón Riveiro Coello acaba de agasallarnos cun relato curtiño con tanto salitre que proe nos beizos encarnizados de berrar. Na Porta do Sol. Nos autobuses. Fronte ós televisores. “A canción de Sálvora” fálanos de soños, de Américas e de océanos bravos nun tempo no que a esperanza é o único salvavidas posible. Quen nos dera unha man que nos erguese deste naufraxio. Quen nos dera un abrazo amigo par
...
11 / 11 / 2004

Agasallos para soñar

Os agasallos serven para ver como nos ven. Quen nos fai un regalo estanos definindo nese obxecto. Está espindo o que cre de nós, ou o que nós lle facemos crer sobre nosoutros mesmos. María do Cebreiro ten unha interesante reflexión sobre os espellos. As imaxes que cadaquén espalla de si mesmo polo mundo toman forma nos detalles que nun aniversario aparecen, como por arte de maxia, para alumear o d
...
11 / 11 / 2004

A xeografía irregular das paisaxes da alma

“Na percura dunha paisaxe” é o título dun texto de Avilés escrito en 1988 que encontramos no compilatorio de prosa Obra viva e nos fai reflexionar sobre a natureza dos paraísos creados. Neste ano, dedicado ó autor de Taramancos, cómpre volver a ollada e o corazón lixado de fuel á súa poética para atopar o cerne da nosa propia memoria. Os versos tinguidos de saudade, de respecto ó poder telúrico d
...
11 / 11 / 2004

O abecedario da guerra

Non á guerra. Ese é o sentimento popular, por moito que algunhas persoas de mirada estrábica sexan incapaces de focalizar a súa ollada no pobo e insistan en espreitar cara ó outro lado. Cara ós Estados Unidos, cara ó poder económico, cara ás mafias. A guerra por intereses petrolíferos doe máis cando non logramos aínda rabuñar o chapapote que día a día, segue a lixar o noso litoral. Pregúntome que
...
11 / 11 / 2004

Os teus espacios: Os perseguidores de París

París como labirinto metafórico da busca de utopías.
...
11 / 11 / 2004

O xornalismo e o realismo máxico

A realidade e a literatura viven nestes tempos unha fusión aterradora. Hai profesionais da comunicación que aseguran non ter o “don da escrita” pero na recreación e transmisión do real achéganse, curiosamente, ó chamado realismo máxico. Ás veces unha ten a sensación de que camiñamos cegos, como no “Ensaio sobre a cegueira” de Saramago, porque nada do que nos contan se axeita ó que percibimos polos
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: Narda

O bo que teñen as lectoras e as lecturas é que sempre sorprenden. Sempre. Cando unha menos o agarda xorden, así, espidas, sen anunciar a súa chegada nunha fría mañá de xaneiro. Ela aparece coa choiva e di, simplemente: Ola. Son Narda.
...
11 / 11 / 2004

O trinta aniversario do meu primeiro amor

Estes días, o meu primeiro amor acaba de cumprir trinta aniños. Tres décadas de vida en galego nos que acompañou o camiño de centos de persoas, nenos e adultos, que se deixaron abraiar pola súa maxia infantil. O meu Principiño non medra, só cumpre anos. El segue a ser, dende que Carlos Casares mo presentou, ese neno tímido, esixente e melancólico que un día chegou ó noso planeta na procura dun ami
...
11 / 11 / 2004

Apetencias culinarias contra os tambores de guerra

Agora que se escoitan os tambores de guerra entre Oriente e Occidente, entre os malos malísimos musulmáns e os bos boísimos cristiáns, é o momento idóneo para falarmos de gastronomía. Exactamente, imos falar de pescudas culinarias, de viaxes polo padal que evocan outras paisaxes, do bafo do falafel, da cor do cus cus, da textura da carne de cordeiro, do riso do fulful bhar no nariz. Probar novos s
...
11 / 11 / 2004

Ascenso sen piolets ata os altos cumios da cotidianeidade

Unai Elorriaga atrévese sen campamento base nin piolets neste seu ascenso cara o cordal do monte do día a día dun ancián. "Un tranvía cara a SP", Premio Nacional de Literatura de 2002 que vén de ser traducido ó galego por Ramón Loureiro para a editorial Galaxia, ofrécenos a oportunidade de afrontarmos unha escalada na que descoñecemos, de antemán, se temos o permiso da montaña. Dubido bastante que
...
11 / 11 / 2004

Don don din

O pasado 28 de decembro, nomeado día dos Santos Inocentes, asistiamos na Coruña ó Velorio do Mar, un acto de denuncia organizado pola Plataforma Nunca Máis de marcado carácter fúnebre-festivo (malia a evidente contradicción que isto entraña). Máis de vinte mil persoas botamos fóra a ira polo asasinato do noso mar e esixiamos responsabilidades. Sen sabelo, tanxiamos as campás a morto por un home qu
...
11 / 11 / 2004

O Nadal do Bruñelo

Unha das maiores virtudes da lectura reside na sorpresa. Cando a forza do costume provoca que mingüe a nosa capacidade de abraio (sen ir máis lonxe as secuencias de cinema), atopar textos de antano significa abrir as portas do pasado para horrorizarnos polo presente. Sábeo ben Edith Pazó, quen descubriu un artigo de don Álvaro Cunqueiro titulado “Las bestias del Tenebroso” que fende a alma pola sú
...
11 / 11 / 2004

“Xa se desenghañarán”

O meu pai é un home que non emite xuízos senón sentencias. Quixo dicir o que dixo e non hai máis. Sen embargo, sempre deixa unha “marxe” para a discrepancia no seu inevitable “xa te desenghañarás”. É un coitelo no pensamento, unha negación da capacidade deliberativa de cadaquén e coa que toda posible confrontación queda anulada. Non hai volta. El leva razón e ti deberás ceder ante a evidencia dos
...
11 / 11 / 2004

As medidas do mar

A ninguén lle pasa desapercibida a miña devoción por Alessandro Baricco. “Seda”, “Novecento” ou “Océano mar” son paradas literarias obrigatorias na singradura contra a soidade e o silencio mesto da indiferencia. Personaxes que buscan. Cartas que aman. Mares que devecen por nós. Podería falar da novidade da súa última obra “City”, traducida xa a múltiples idiomas e de grande éxito en Italia. Sen em
...
11 / 11 / 2004

O Prestige, Freda e a emigración

A catástrofe do Prestige segue a enzoufarnos o pensamento e máis as expectativas de futuro. As palabras non poden superar a magna traxedia deste silencio unánime no que se agocha moita rabia contida, moita desesperanza e moitas bágoas. As promesas dos políticos só xeran odio namentres as claudicacións dos mariñeiros espétanse no corazón. Emigrar ou morrer. Como Dani. Como Freda.
...
11 / 11 / 2004

“O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito”

A marea negra tinguiume as letras con chapapote. Pregúntome quen me limpará o fuel do xabre, das penas, das plumas e das guerlas. Será a administración, os veciños, os ecoloxistas, o exército ou os voluntarios. Pregúntome quen varrerá esta lambida mortal da miña pel e do iris sen arrincarme cachos de carne e ondadas de sangue. Pregúntome quen me indemnizará con cartos europeos anticipados pola Xun
...
11 / 11 / 2004

Unha trama periodística convertida en ficción literaria

“As voces da noticia” é o título da obra galardoada na XXI edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa que este ano organizou o concello de Santa Comba. O traballo, que presenta unha complexa estructura narrativa, obtivo o recoñecemento do xurado por maioría nunha edición caracterizada pola cantidade e calidade dos exemplares presentados. A plica premiada agochaba o nome de Xosé Monteagudo Folga
...
11 / 11 / 2004

Personaxes e espacios: O derradeiro latexo da Berenguela

Santiago de medo, de néboa, de auga e de misterio. Unha das últimas entregas literarias ambientadas en Compostela chámase "Trece Badaladas" e está asinada por Suso de Toro. Nela, a cidade que esquiva a cregos, estudiantes e peregrinos, agocha o mal, un mal que arrastrará inevitablemente a curiosidade do lector. Silvia López Ben deixouse seducir polo enxeño creativo do grande autor santiagués e ofr
...
11 / 11 / 2004

Burgo de eternos estraños

Disque hai lugares que cativan ó obxectivo cinematográfico. Un deles sería Nova York, no que seica se gravaron quilómetros de metraxe para retratalo nas súas máis inverosímiles formas, e outros poderían ser A Habana, Roma ou París. Literariamente acontece algo semellante e no ámbito galego temos unha cidade que ambienta os latexos e mailas pisadas de centos de personaxes. Compostela convértese no
...
11 / 11 / 2004

O desacougo e a crítica de “Unreal city”

Viaxamos por “The Waste Land” de T.S. Eliot (“A terra baldía” en traducción ó galego de Armando Requeixo e María Fe González editado por Libros da Frouma en 1998) cos ollos de Marcial López, un fotógrafo de Pantín (Valdoviño), que retrata no Londres de inicios do século XXI toda a fugacidade dun tempo sen estación de tránsito. Esa “Unreal city” que lle esgaza toda a fe posible.
...
11 / 11 / 2004

Retrato dunha alma núa

Supoño que é irremediable. Nestes días nos que o nome de Gabriel García Márquez está nos titulares dos medios de comunicación, xunto a outros como Bryce Echenique ou Ana María Matute por senllas novidades editoriais, temos a escusa perfecta para seguirmos a falar do nobel colombiano. Gabo, nacido en Macondo dende a concepción vital de que cada autor pertence á patria/matria da súa literatura, ofre
...
11 / 11 / 2004

O ocio e o negocio do libro

A Feira do libro de Fránkfort vén de pechar unha edición que disque demostra a crise que sofre o sector editorial. Segundo as fontes da propia organización, neste ano só se mercaron dereitos de aqueles libros dos que os editores estaban seguros, é dicir, dos que tiñan garantido o éxito no mercado. O libro, ademais dunha porta á imaxinación, é un producto mercantil que se compra e se vende e, polo
...
11 / 11 / 2004

A memoria é a medida de tódalas cousas

Defendían os antigos gregos que o home é a medida de tódalas cousas. Isto resulta, cando menos, discutible. Tal vez a medida de tódalas cousas estea na memoria. Vexamos.“Vivir para contarla” (Mondadori) é, sen dúbida, o título literario desta semana. Sexa por difusión/presión mediática ou polo renome do autor parece difícil sustraerse á fascinante corrente de realismo máxico que estes días anega a
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes e os teus espacios: a sombra do aire na propia historia

Entre as últimas novelas que disfrutei de verdade encóntrase “Los aires difíciles”, DE Almudena Grandes. Encantoume a suma de personaxes nenos que son como adultos e adultos que son como nenos, todos tinguidos dunha soedade que se converte en nexo. E gústame Maribel, a asistenta con pouca sensatez e moito corazón na gaiola que lle tocou vivir.
...
11 / 11 / 2004

Lupe Gómez e Alfonsina Storni: a descuberta do mar como morte

Cando Lupe Gómez atravesou o restaurante Rúa Nova aquela tarde o azar quixo que se escoitase “Alfonsina y el mar” como ruído de fondo, como ratificación e como promesa de océano. Ela falou e eu falei pero desa conversa quedoume sobre todo esa melodía que o envolvía todo e soñei que a poesía de Lupe era tamén o azul no que naufragara Alfonsina Storni.
...
11 / 11 / 2004

Personaxes e espacios: Inmortal amor de verán

Hai personaxes e espacios que nos salvan. Da rutina, do medo, do incerto. Carlos e Helena rescátannos da abulia e devólvennos o sabor húmido e quente do amor de estío. As praias de Vigo e maila Casa de Beiro convértense en lugares máxicos onde soñar o verán. Ese polo que sempre devecemos. Polo que morreriamos.
...
11 / 11 / 2004

Por que agardo as lagarteiras e outras esperanzas

Isto de Agardando as lagarteiras non acaba de convencer a moitos lectores. Existen dúas maneiras manifestas de demostrar esta desconfianza. Os que non me coñecen atrévense con tímidas suxestións a invitarme a que explique o porqué de tan retorto título de sección. Os outros, os que cren coñecerme un pouco mellor, dan directamente por perdida a loita para comprendelo e fican indiferentes, en moitos
...
11 / 11 / 2004

Bágoas no 11-s

Non tiña ningún motivo polo que chorar o 11-s. Confésoo sen pudor ningún. Non me impresionaron excesivamente as imaxes dantescas (e xa mudas de tan veces repetidas) de avións precipitándose contra as Torres Xemelgas; nin as víctimas dos atentados; nin tan sequera as honras fúnebres tan numerosas como certamente patéticas. Síntoo. E a quen lle asuste tal frialdade pode optar por recorrer a milleiro
...
11 / 11 / 2004

A maldita filosofía de vida dos fascículos coleccionables

¿Por que cada inicio de curso volvemos ás fórmulas colexiais e hai que encher a axenda de actividades extra escolares? Parece que se non tes un calendario ateigado de citas semanais co monitor de ximnasio, a profesora de canto ou o novo fascículo do quiosco non estás integrado na sociedade. Vamos, un animal estraño.
...
11 / 11 / 2004

Operacións triunfo no gran torreiro galego

Tenteino. E fracasei. Confeso que me resulta imposible evitar algún comentario, neste calendario de festas sucesivas e mesmo superpostas, sobre festas gastronómicas e outras operacións triunfo. Como ben diría a miña amiga Nuria “son unha praga”. E se algo caracteriza ás pragas é que devastan sen piedade todo o que existiu antes da súa chegada para impoñer a dictadura do seu pensamento único.
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: Stephen Dedalus, un irlandés errante

Unha lembranza entrañable a eses personaxes de lecturas adolescentes como compatriotas do universo máxico lector.
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: O sr. Fuco, don Saturio e don Ramonciño

Hai quen gusta da fala de vellos que perden o sentidiño polos amores de tres mociñas.
...
11 / 11 / 2004

Os teus espacios: o universo das árbores de Cosimo

Un mundo divisado dende a atalaia acolledora das ponlas da imaxinación...
...
11 / 11 / 2004

Os fillos da Hamada

Galicia fala hassanía estes meses de verán. As praias atlánticas énchense de olladas virxes que nunca antes lamberan o lombo infinito do mar. Son os nenos e nenas saharauís, acollidos por familias galegas no plan anual Vacacións en Paz. Nesta edición de 2002 recibimos no país a máis de cincocentos meniños que se repartiron en máis dun cento de concellos, entre eles, Vigo, Santiago, A Coruña, Ribei
...
11 / 11 / 2004

Os segredos da creación literaria

Hai verdadeira expectación coas musas. Se existen ou non existen. Moitos pregúntanse que será iso da inspiración, se a maxia da creación falará baixiño á orella ou berrará ós catro ventos as súas ideas fabulosas. Os estudiosos Raúl Cremades e Angel Esteban achégannos os misterios de dezaseis grandes mestres da literatura nun volume editado recentemente por Espasa. Pero ¿é medible iso da inspiració
...
11 / 11 / 2004

Xa fixemos o agosto literario

“La Voz de Galicia” entrega cada día deste mes unha escolma de textos literarios que abrangue os Relatos de verán de autores con obra publicada e anónimos; o premio de Novela por Entregas e, por suposto, a colección Biblioteca 120. Coa cabeceira coruñesa os lectores galegos fixemos o agosto literario. E nunca mellor dito.
...
11 / 11 / 2004

Tempo de cabalos (e tamén de burros)

Non cabe dúbida de que vivimos no tempo dos cabalos e, por qué non dicilo, tamén dalgún burro. O pretendido éxtase líquido atopado en Santiago que agochaba un anestésico para animais; as víctimas de desafortunados “picos” de “cabalo” en Santiago e o traslado en Ferrol da estatua ecuestre do dictador Francisco Franco... Daqueles heroicos cabalos que encheron centos de obras literarias pasamos á per
...
11 / 11 / 2004

Cancro e dragón en verso

Inadaptadas. Iso é o que somos nós. Inadaptadas. María do Cebreiro asume na súa segunda entrega poética, (“Nós, as inadaptadas”; 2002), a primeira forma do plural non como reivindicación dun colectivo senón como disolución do eu. Esta supón a primeira ruptura conceptual, unha ruptura que se estende ó longo de todo o volume e, a fin de contas, de toda a súa producción poética. O título
...
11 / 11 / 2004

A hora dos lectores e lectoras

A Biblioteca Virtual Galega converteuse xa, ós poucos meses do seu nacemento, nunha festa da palabra, un lugar de encontro para as letras galegas na que autores e lectores debullan os tesouros das creacións literarias. Por fin na Literatura galega empeza a ser a hora dos lectores.
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: Marlow de "O corazón da escuridade"

As viaxes exteriores e interiores que converten os protagonistas literarios nun voceiro das nosas propias inquedanzas toman corpo propio no Marlow do apocalíptico integrado.
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: Ignatius O´Reilly de "La conjura de los necios"

Hai persoas que buscan nas súas lecturas aqueles personaxes heroicos da máis pura tradición quixotesca cun gusto tenro polo humor e a máis profunda inxenuidade.
...
11 / 11 / 2004

¿Quen me ten "Ganga"?

O préstamo dun libro conleva grandes incógnitas. Unha delas recae en saber que día será devolto. A outra, a máis aceda, reside en tentar lembrar con exactitude certos momentos da lectura sen a posibilidade de consultalo. A novela "Ganga" de Antón Lopo adormeceu no neboeiro desas dúbidas nun limbo psicotrópico e, tamén, un pouco asceta.
...
11 / 11 / 2004

Os teus espacios: México, nin lindo nin querido

Ese ermo que comparten mortos e vivos de Juan Rulfo. Os escenarios presentes e os ausentes.
Por Pedro Broa
...
11 / 11 / 2004

Os teus personaxes: A tola do faiado

As mulleres de Jean Rhys en "Ancho mar dos sargazos" sérvenlle a Pedro Broa para evocar algunhas das súas máis febrís tolemias.
Por Pedro Broa
...
11 / 11 / 2004

O xabaril da señora Prudencia

A señora Prudencia de Brión acadou nos últimos meses un protagonismo nunca soñado nos seus oitenta anos de vida. Todo foi culpa dun porco bravo, o Micho, quen a levou da man ó máis alto recoñecemento xornalístico. Outros labregos téñenlle menos aprezo a tan ruidoso polizón nocturno das súas leiras de maínzo.
...
11 / 11 / 2004

Éxodos lingüísticos

Curros Enríquez escribiu no seu xornal La Tierra Gallega contra o fenómeno da emigración. O celanovés insistía en que "no es que el gallego posea el instinto emigrativo de ciertas aves... es que en realidad no puede vivir en su tierra...". Máis dun século despois, o galego, segue a emigrar do seu territorio, da súa lingua.
...
11 / 11 / 2004

Espacios: O mar, sempre o mar

Adoro o mar de Alessandro Baricco co seu meigallo e máis os seus medos. Pero hai outros espacios literarios onde non me importaría naufragar.
Por Rosa Aneiros
...
11 / 11 / 2004

Personaxes: Do baobab á señora Lola

Hai algúns personaxes literarios que amo febrilmente e outros que non me gustan en absoluto. O baobab de Neira Cruz vive no xardín dos meus amigos. Os homes das botas de elástico de Ferrín pertencen a outro mundo máis escuro. Estes son algúns deles.
Por Rosa Aneiros
...
11 / 11 / 2004

Declaración de intencións e outras suxestións

Esta miña primeira incursión cibernética en culturagalega.org vai ser unha mera declaración de intencións e, tamén, de suxestións para ti, lector.
...
Sobre a colaboración
A actualidade enchóupase de literatura. A literatura está chea de claves de actualidade. ¿Inventamos os personaxes e as tramas ou son eles quen nos inventan a nós?
Rosa Aneiros indaga entre o "inventado" e o "real" dende o gume afiado da creación.
imaxe non dispoñible
Rosa Aneiros
Fálanos dos teus espacios e mailos teus personaxes
Abrimos unha fiestra ao mundo da túa literatura. Fálanos dos espacios e personaxes literarios que ames ou odies; aqueles que che causen xenreira ou devoción; aqueles polos que morres e, tamén, aqueloutros que matarías.
Queremos saber quen son, en definitiva os habitantes exquisitos do paraíso da túa lectura. E dinos por que.
Envíanos un correo.
Máis contidos
Noticias sobre literatura
Biblioteca de literatura

Contacto
rosaneiros@hotmail.com

O seu libro

Agardando as lagarteiras
Descarga a primeira recopilación de artigos desta sección

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo
Paisaxes de Papel
por Eduardo Maroño

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org