11 / 4 / 2007
Os seres humanos tendemos a considerarnos importantes dentro do que é a vida no planeta Terra, incluso hai relixións que aseguran que a especie humana é o que lle da sentido a este planeta. Estas crenzas son en certo modo comprensíbeis, e até pode ser unha tendencia natural que cada especie –cando menos as que posúen consciencia da súa propia existencia– se considere a si mesma a parte máis esenci
...
21 / 2 / 2007
Hai moita xente que merca lotería na administración “La bruixa d´or” porque pensa que ten máis posibilidades de que lle toque, ou que cre nos soños proféticos, ou que considera pouco seguro voar en avión, ou que se fixa nas estatísticas dos xogos de azar. Son exemplos dun analfabetismo moi común, o matemático; unha doenza que practicamente todos sufrimos en maior ou menor grao, arrastrados por int
...
3 / 8 / 2006
No momento de escribir isto a previsión do tempo espacial para as próximas horas é a seguinte: "a actividade solar permanecerá a niveis moi baixos; respecto á actividade xeofísica, espérase que nas próximas 48 horas o campo magnético terrestre oscile entre perturbado e activo, con algúns períodos de tormentas xeomagnéticas de pouca intensidade debido ao paso dunha corrente a alta velocidade (vento
...
24 / 5 / 2006
A canción da vida é unha fuga que se repite de maneira incansábel desde hai varios miles de millóns de anos. No último século as ciencias físicas e biolóxicas aportaron, pola primeira vez na historia dos seres humanos, coñecementos fundamentais que nos permiten ter unha filosofía da vida baseada en datos concretos, obxectivos, non en disquisicións místicas. Este coñecemento –o coñecemento en xeral
...
18 / 1 / 2006
Ultimamente pode lerse e escoitarse nos medios de comunicación que existe un debate entre dous tipos de explicacións para entender a orixe dos seres vivos: a evolución e o chamado deseño intelixente. Mais non é un debate científico, senón unha discusión política inducida pola ignorancia e o fundamentalismo relixioso.
...
23 / 11 / 2005
A depresión é unha doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. O tratamento máis común consiste na utilización de fármacos antidepresivos, principalmente os que actúan sobre os niveis de serotonina, unha sustancia química do cerebro. Aínda que funcionan, non está cientificamente demostrado que a serotonina teña algo que ver coa/s causa/s da enfermidade; este feito, ignorado por moitos
...
2 / 11 / 2005
O movemento é una propiedade característica do reino animal. O sistema nervioso elabora ordenes que finalmente se transforman na contracción dos músculos. Grazas ao coñecemento científico xa sabemos como son grande parte dos mecanismos que hai detrás desta capacidade tan importante para a nosa supervivencia; agora os investigadores tratan de traspasar unha nova fronteira: a recuperación da parális
...
19 / 10 / 2005
Un dos maiores misterios que aínda lle queda por resolver á ciencia é o da auto-consciencia, esa sensación de “eu” que emana da actividade do cerebro. Aparte de nós, hai moi poucos animais que posúen a capacidade de recoñecerse como entes individuais, ou polo menos iso é o que pensan os científicos, porque neste caso a pregunta difícil é: como se sabe se un animal ten consciencia da súa propia exi
...
5 / 10 / 2005
As plantas e animais que habitamos o planeta Terra temos corpos e costumes adaptados ao efecto da gravidade. A ausencia desta forza fundamental provoca cambios tanto na fisioloxía como na vida doméstica dos astronautas, cambios que teñen que soportar dentro dunha claustrofóbica caixa de metal. Nas viaxes espaciais todo, ou case todo, está pensado para que os tripulantes sobrevivan nas mellores con
...
31 / 8 / 2005
O traballo de astronauta é fascinante, perigoso e, tamén, moi escaso. En toda a historia da humanidade só un fato de persoas cunha capacidade e preparación extraordinarias teñen sido e son tripulantes de naves espaciais. Agora mesmo hai dous astronautas, un ruso e un norteamericano, na Estación Espacial Internacional (ISS), e outros sete veñen de regresar á Terra dunha accidentada misión na Lanzad
...
3 / 8 / 2005
Ar acondicionado, climatizador, refrixerador. Agora que estamos sometidos ao calor do verán moitas casas e coches utilizan sistemas capaces de enfriar o ar e de diminuír a capacidade de sufrimento dos seus habitantes. No inverno facemos o contrario e buscamos maneiras para quentar o ambiente, como queimar combustíbel ou acender aparatos eléctricos.O calor é relativamente fácil de conseguir mais, c
...
11 / 11 / 2004
En que pensarían algúns dos mellores científicos e filósofos da actualidade se se lles preguntara polo mellor invento dos seres humanos? Isto foi precisamente o que fixo hai uns anos John Brockman, probabelmente o editor máis influínte no campo da divulgación da ciencia. O señor Brockman seleccionou a algo máis dun cento de ilustres pensadores e lles espetou: “Cal é o invento máis importante dos ú
...
11 / 11 / 2004
O Sol é a fonte de enerxía para a vida na Terra. A historia do planeta está profundamente ligada ao da estrela que nos quenta e ilumina, e tamén o seu destino. Un destino fatal.
...
11 / 11 / 2004
Todas as mañás un astro enorme asoma polo horizonte e, grazas ao xiro da Terra, desprázase polo ceo enchendo todo de luz e calor. O sol, a estrela que está máis perto do noso planeta, é o motor de todas as plantas e animais; sen el a vida na Terra non existiría, cando menos tal e como a coñecemos. Mais…que coñecemos do astro rei? De onde sae o calor e a luz? Por que todos dependemos del?
...
11 / 11 / 2004
Os recentes fraudes descubertos en ciencia poden ser moi útiles para coñecer como é o mundo dos investigadores e como funciona o método científico. Indican, por unha banda, que os científicos non son de pedra e que algúns deles poden caer nos peores vicios da especie humana; mais tamén demostran que o método da ciencia ten mecanismos para descubrir as malas artes: é imposíbel enganar á natureza, t
...
11 / 11 / 2004
Na época actual, co esplendor da biotecnoloxía, cada vez é máis común encontrar nos medios de comunicación referencias ao xenoma, o conxunto de todos os xenes dunha especie. Cada un de nós leva consigo unha mestura de xenes procedentes da nai e do pai, un xenoma mixto resultado da reprodución sexual. Mais hai un pequeno grupo de xenes que ten unha existencia aparte, herdado só da nai, que é moi si
...
11 / 11 / 2004
A impoñente complexidade e diversidade dos seres vivos é consecuencia dos mecanismos evolutivos. Plantas e animais modifican formas e funcións debido en grande parte á presión do medio no que viven, incluídos nese medio os seres vivos cos que comparten “habitación” biolóxica –nicho biolóxico–. Hai moitos casos nos que a evolución dunha especie depende e inflúe nos cambios doutra especie: a isto ch
...
11 / 11 / 2004
O ano da física, celebrado ao longo de 2005, conmemora os cen anos da publicación por Albert Einstein dunha serie de artigos que modificaron profundamente a idea que temos do espazo e o tempo, da enerxía e a materia. En 1905 Einstein tiña 26 primaveras e ese foi o seu “annus mirabilis”
...
11 / 11 / 2004
A medición do tempo é fundamental para a navegación e as comunicacións. Tan preocupados estaban os navegantes polo tema que aló polo ano 1714 o goberno Inglés estabeleceu un premio de 20.000 libras (actualmente uns 10 millóns de euros) para quen fose capaz de construír un reloxo de precisión. O gañador foi un carpinteiro. Actualmente o paso do tempo contrólase con reloxos atómicos que erran 1 segu
...
11 / 11 / 2004
As mulleres viven máis anos que os homes e non se sabe moi ben porqué. Desde hai tempo varias teorías tentan explicar esta diferenza na lonxevidade, mais ningunha está demostrada definitivamente. A comezos deste ano un grupo de científicos do Reino Unido propuxo que a explicación pode estar, entre outras cousas, na musculatura do corazón.
...
11 / 11 / 2004
A organización social das formigas sempre foi motivo de asombro e admiración para os estudiosos da natureza; e sigue séndoo porque, a pesar do formidábel progreso das ciencias biolóxicas, seguimos sen ter unha explicación clara dos mecanismos que rexen a complexa estrutura desas comunidades. Agora, un grupo de investigadores franceses acaba de descubrir un novo comportamento de grupo; complexo, im
...
11 / 11 / 2004
A ferramenta básica e clásica dos matemáticos é un anaco de papel e un lapis. Na maioría dos casos eses dous instrumentos son suficientes para elaborar unha demostración matemática. Mais algúns teoremas resístense a ser probados desta elegante maneira e precisan do uso de computadores, como no caso do “teorema das catro cores” que, logo de 150 anos de incerteza, ven de ser demostrado definitivamen
...
11 / 11 / 2004
Os ordenadores ou computadores persoais, tal e como os coñecemos, están en proceso de desaparición. Os científicos da computación vaticinan que pronto chegará a Segunda Era, na cal o importante será a computación, non os computadores. A compañía Sun Microsystems, un dos principais creadores de hardware e software, ven de dar un paso máis nesta transformación co lanzamento da “Sun Grid”: xa podemos
...
11 / 11 / 2004
Habitamos un mundo que cambia constantemente, a todos os niveis, en todas as escalas. Para apreciar o paso do tempo é imprescindíbel ter un marco de referencia, mais neste mundo non hai ningunha referencia fixa. Se observamos, por exemplo, os mecanismos que teñen lugar no interior do noso corpo, a vida é unha inmensidade de tempo, mais se a comparamos cos procesos xeolóxicos ou cósmicos, é un chis
...
11 / 11 / 2004
A intoxicación por monóxido de carbono (CO) causa todos os anos a morte doce e estúpida dunha morea de xente. Esta sustancia maquiavélica está moi presente na nosa vida cotiá, mais poucas veces decatámonos da súa sombra ameazante. Coñecer un pouco mellor a este “asasino silencioso” pode salvarnos a vida.
...
11 / 11 / 2004
Titán é a maior lúa de Saturno, a única no Sistema Solar cunha atmosfera importante. O ar nese mundo está formado, como na Terra, por unha mestura de gases, mais é moito máis denso, de tal xeito que desde o exterior é imposíbel saber qué aspecto ten a superficie. Hai uns días revelouse este segredo por primeira vez: unha nave espacial soltou unha sonda que, atraída pola gravidade, caeu sobre Titán
...
11 / 11 / 2004
A especie humana ven de pór unha cápsula de exploración en Titán, unha lúa de Saturno, co obxectivo de investigar a posíbel existencia de vida extraterrestre, e tamén para coñecer un pouco mellor a evolución do propio planeta Terra. Mais, antes de afondar nesta fascinante aventura espacial, podemos facernos unha pregunta obvia: no caso de que existira vida nun planeta... sería fácil de detectar?
...
11 / 11 / 2004
A bioloxía moderna sostén que a selección natural é o principal motor evolutivo, orixe da inmensa diversidade de organismos vivos do planeta Terra. Mais a medida que aumenta a nosa comprensión da natureza, xorden novos mecanismos que reclaman un posto de honra no olimpo dos deuses creadores. A materia tende a organizarse de maneira espontánea e algúns científicos cren que as leis de auto-organizac
...
11 / 11 / 2004
Vivimos nun Universo excepcional. Os valores das constantes físicas que gobernan a estrutura do cosmos están axustados cunha precisión demencial, de tal xeito que un mínimo cambio daría lugar a un Universo absolutamente distinto ao actual no que a vida, tal e como a coñecemos, non podería ter evolucionado. Casualidade? Hai algunha razón para que, de entre todas as combinacións posíbeis de constant
...
11 / 11 / 2004
As experiencias místicas que moita xente alcanza mediante a meditación ou o fervor relixioso están entrando no campo da ciencia. Son o resultado de procesos psicolóxicos inexplicábeis ou, pola contra, simples trastornos mentais? Poden conseguirse eses estados mentais mediante o adestramento? É posíbel encontrar a espiritualidade nalgún recuncho do encéfalo? Os científicos, botando man da tecnoloxí
...
11 / 11 / 2004
O cerebro dos bilingües é funcional e estruturalmente distinto ao dos que só manexan unha lingua. Máis rápido para determinadas tarefas, con máis materia gris e cun sistema específico para impedir interferencias; estas son as conclusións de varios traballos de investigación publicados nos últimos anos.
...
11 / 11 / 2004
O progreso científico consiste, en moitos casos, en descubrir e reparar os erros dos investigadores precedentes; poucas teorías son definitivas, a maioría van mudando ou desaparecendo co tempo. Grande parte do camiño se fai demostrando os camiños falsos, a imposibilidade de algunhas teorías, xa que o contrario, a afirmación definitiva de que unha hipótese é verdadeira, é prácticamente imposíbel. E
...
11 / 11 / 2004
Todos os seres humanos procedemos dun antecesor común, iso xa o sabemos polo menos desde o século XIX. O que poucos dos 6.000 millóns de almas actuais podíamos imaxinar é que non é necesario ir moi atrás no tempo para atopar un parente universal, un antepasado compartido por toda a humanidade actual. Un sorprendente estudo baseado na simulación con computadoras da historia reprodutiva da poboación
...
11 / 11 / 2004
O estudo do xenoma está a facilitar a loita contra as enfermidades, mais non basta con investigar unicamente ao Homo sapiens, xa que non estamos sos: o noso corpo sirve de residencia a outros organismos, como a bacteria Propionibacterium acnes (P. acnes). Ao mellor nunca ouviches falar antes dela, mais case seguro que coñeces a súa carta de presentación preferida: o acne. Acaba de publicarse na re
...
11 / 11 / 2004
A busca de vida intelixente fora do noso planeta xa está en marcha mais, qué posibilidades hai de que existan realmente civilizacións extraterrestres cunha tecnoloxía avanzada, con capacidade de comunicación interplanetaria? É posíbel que moitas.
...
11 / 11 / 2004
Do frescor da bodega do coñecemento rescato, para os que aínda non o degustastes, un gran reserva da divulgación científica. As vacacións de verán poden ser un bo momento para meditar ou para emprender unha nova experiencia. Vou propoñer as dúas cousas, unha reflexión sobre o mundo que habitamos a través dun libro marabilloso, Cosmos de Carl Sagan; e un experimento pouco común, participar no colos
...
11 / 11 / 2004
Árbores, plantas, insectos, aves, mamíferos, e mesmo a calidade do ar e a beleza paisaxística sofren, desaparecen ou morren a causa dos incendios forestais. Loitamos contra o lume para manter toda esa riqueza, mais, as cousas non son sempre como –nos- parecen. Os ecosistemas son moito máis complexos do que acostumamos pensar, e o estudio da evolución dos bosques do planeta Terra está a revelar que
...
11 / 11 / 2004
Desde finais do século pasado sabemos que a teleportación é posíbel, é dicir, a transmisión instantánea de información entre dous lugares, sen necesidade dun transporte físico. Agora, os experimentos de dous equipos de científicos, demostrando a teleportación de átomos, traen de novo os misterios da mecánica cuántica ao primeiro plano. De qué estamos a falar? É posíbel a teleportación de, por exem
...
11 / 11 / 2004
Por qué durmimos? A qué se debe esa necesidade tan inevitábel que nos envolve todos os días? Por qué é necesario ficar inconscientes, a expensas de amigos e inimigos? Algo tan crucial, e potencialmente perigoso, debe ter unha función importante para a vida, senón xa tería desaparecido co devecer evolutivo. Hai moitas teorías que tentan explicar a función do sono, mais so unha delas está sendo clar
...
11 / 11 / 2004
Os prións son as proteínas acusadas de causar unhas enfermidades neurodexenerativas chamadas encefalopatías esponxiformes transmisíbeis (enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, encefalopatía esponxiforme bovina ou mal das vacas tolas, etc). A recente epidemia de vacas atiborradas de prións nos familiarizou con esas moléculas tan pouco recomendábeis. Agora aparece a cara boa, xa que os científicos veñen
...
11 / 11 / 2004
Hai varias especies de cigarras, eses insectos de canto estridente, que só poden ser vistas cada 17 anos, desde mediados do mes de maio até principios de xuño. Con exquisita puntualidade, aparecen os días sinalados en cantidades abraiantes, irritando a plantas e persoas, mais tamén servindo como manxar inesperado para moitos animais, incluíndo os humanos. Son os insectos máis lonxevos, aínda que p
...
11 / 11 / 2004
“Outro perrito pilotooooo!!!!”. Todos os anos a mesma leria, así durante horas e máis horas, e iso que vivo a medio quilómetro do campo da festa. Nin sequera estou interesado en mercar un boleto para a tómbola, mais o son é así, viaxa e viaxa en todas as direccións, como as ondas nun estanque. En moitas ocasións sería bo poder controlar a difusión do son: imaxinades poder ler un libro no xardín de
...
11 / 11 / 2004
O estrés non é bo para a saúde, produce un envellecemento prematuro e moitos problemas físicos e psíquicos. Neste mundo apresurado o mellor é tomarse con calma a vida mais, ao mesmo tempo, con confianza e decisión. Iso é o que suxire unha recente investigación: hai moitas probabilidades de que as persoas tímidas, temerosas ou asustadizas, influídas con facilidade polo estrés causado pola vida en s
...
11 / 11 / 2004
Os humanos vivimos cada vez máis anos, debido fundamentalmente aos avances en ciencia e tecnoloxía. Se miramos atrás no tempo a progresión é impresionante: os homínidos máis antigos alcanzaban con dificultade os 30 anos de idade, e a comezos do século XIX en Europa poucos pasaban dos 40; no entanto na actualidade a esperanza de vida no noso continente rolda os 80 anos, o dobre que hai 200 anos! D
...
11 / 11 / 2004
O explosivo goma-2 foi inventado por Alfred Nobel, o creador dos prestixiosos premios Nobel. Está composto basicamente por nitroglicerina, unha sustancia que, curiosamente, tamén se utiliza para tratar enfermidades do corazón e que está ligada ao desenvolvemento do fármaco Viagra. A interesante historia dos productos relacionados coa nitroglicerina zumega ironía, ambición, ataques ao corazón, inve
...
11 / 11 / 2004
Os órganos dos sentidos son o pasaporte ao mundo que nos rodea. De maneira inconsciente estamos recibindo continuamente miles de bits de información que, unha vez procesados e mastigados polo cerebro, se converten en experiencia persoal. É moi fácil, coa axuda da ignorancia que nos é innata, caer no egocentrismo e interpretar a natureza tendo en conta só as nosas percepcións conscientes. Crer no s
...
11 / 11 / 2004
As flores das figueiras son misteriosas, viven escondidas nun universo escuro e pechado. Pequenas e apertadas entre si, non se deixan ver, como temerosas de que os demais coñezamos o seu segredo: unha existencia fascinante e turbulenta, atravesada de historias de amor e morte. Cando ese mundo madura, se converte nun froito brando e doce, o figo. Cada vez que comemos un figo estamos a comer moito m
...
11 / 11 / 2004
A Arabidopsis thaliana é unha herba pequena, común, sen pretensións; non estraña que sexa unha das plantas co xenoma máis sinxelo. Curiosamente, gracias á súa simplicidade, estase a converter nun instrumento de alta tecnoloxía con multitude de funcións, a máis recente: salvar vidas humanas detectando as terribles minas antipersoais. Se trata dun bo exemplo do que a enxeñería xenética pode facer; a
...
11 / 11 / 2004
O ano 2003 será recordado con ledicia polos cosmólogos, os científicos que teñen a difícil tarefa de entender o Universo. As medicións realizadas polo WMAP, un instrumento espacial da NASA, puxeron fin a anos de disputas teóricas e permitiron coñecer con inesperada precisión a idade, composición, velocidade de expansión e densidade do Cosmos. Gracias a este proxecto coñecemos un pouco mellor o gra
...
11 / 11 / 2004
Os seres humanos actuais somos producto dunha evolución que comezou co “Big-Bang”, hai uns 13.700 millóns de anos. A selección natural, xunto con outros mecanismos evolutivos, perfilaron e seguen a modificar os seres vivos actuais. Pero os motores que impulsan os cambios non son fixos, e factores como a cultura e a tecnoloxía están a influir cada vez máis nos procesos de cambio e no rumbo que toma
...
11 / 11 / 2004
En ocasións a observación dun fenómeno precede á explicación teórica; primeiro vemos caer a mazá, e entón razoamos ¿cómo?. Pero na ciencia actual a maioría das veces a teoría, gracias á solidez das matemáticas e do método científico, se adianta, e é capaz de predecir a existencia de sustancias ou comportamentos aínda non observados. Neste segundo caso, a función dos científicos non é explicar un f
...
11 / 11 / 2004
Eu creo nas pantasmas, nos milagres, nas meigas e en todos os deuses gregos, agora sabemos que existen e coñecemos moitos dos seus alcumes: quark, protón, gravitón, leptón, bosón, enerxía de Planck, radiación cósmica, etc. Hai que andar con ollo, hai muitos e están por todas partes.
...
11 / 11 / 2004
A fertilidade dos humanos actuais está ligada ó consumo enerxético da sociedade na que se vive, pero, ó contrario do que podería parecer, a relación é en sentido inverso: a medida que aumenta o gasto enerxético (e tamén o benestar económico), diminúe a taxa reproductiva. ¿A qué se debe esta aparente incongruencia? ¿Cal é a relación entre o libre albedrío para ter fillos e a saúde económica do país
...
11 / 11 / 2004
Anoitece, os morcegos aparecen, andan á caza de avelaíñas e outros insectos. Aparentemente todo transcorre en silencio, só escoitamos un lixeiro revoar. Pero esta é unha caza ruidosa e de alta tecnoloxía, a ferramenta de guia son os ultrasóns. Afortunadamente as frecuencias destes berros están fóra do rango dos nosos oídos.
...
11 / 11 / 2004
Todos sabemos que tirar unha pila con mercurio ou outras substancias ao lixo e un acto pouco respectuoso co medio natural xa que pode contaminar grandes cantidades de auga e, a través desta, plantas e animais. Cun pouco de sorte ese mesmo mercurio pode rematar formando parte do noso menú: hoxe, de primeiro, “polo ao duracell”. No ecosistema máis ou menos pechado polo que paseamos as nosas penas e
...
11 / 11 / 2004
A separación entre substancias boas e substancias nocivas para a nosa saúde é un artificio introducido por nós, dada a tendencia que temos a clasificar os fenómenos da natureza en caixiñas con límites ben definidos. Por exemplo, unha pequena dose de raios-X, ou unha tapiña de dioxinas poden diminuír o risco de cancro, xusto o contrario do que ocorre con doses altas. Os estudios sobre toxicoloxía e
...
11 / 11 / 2004
¿Está a ciencia enfrontada coa relixión? ¿Poden relixión e ciencia cooperar para enriquecérense mutuamente? No caso da neurociencia e do budismo, o entendemento xa está dando froitos. Ambas as disciplinas teñen un gran obxectivo común: o coñecemento do funcionamento da mente. Acábase de desenvolver no MIT unha conferencia entre científicos e budistas co título “Investigando a mente: intercambios e
...
11 / 11 / 2004
“Gustaba de visitar ao señor Gustavo na súa fermosa casa de campo, en Ames; sempre a mesma cerimonia: acendía o tocadiscos, poñía algo clásico e, sentados nesas grandes cadeiras, falabamos e falabamos. Na conversa entraba de todo, pedras, insectos, libros, antigos e oscilacións electromagnéticas. Moitas veces Gustavo quedaba durmido de súpeto, sen previo aviso, durante un minuto ou algo máis. Eu a
...
11 / 11 / 2004
Dende hai uns meses vivo en Cambridge, na costa leste dos EEUU. Este sitio dá refuxio a unha das maiores concentracións de centros de investigación do mundo: universidades privadas, empresas de biotecnoloxía, compañías de software, etc.., florecen nunha especie de xigantesco campus ao sudoeste de Boston. Por aquí as prazas non teñen fontes, senón que levan nomes como Technology Square e teñen as s
...
11 / 11 / 2004
De neno, cando visitaba a miña familia materna na extraordinaria vila de Viana do Bolo, quedei moi impresionado cando descubrín que o encoro que alí hai antes non existía e que debaixo daquela inmensidade de auga hai anegadas vilas, corredoiras, pontes, vidas enteiras. Algún verán, cando o nivel da auga descende o suficiente, todo un universo novo emerxe dende o pasado, misterioso, case intacto. G
...
11 / 11 / 2004
Os médicos están a enganarnos, pero eles non o saben. Os visitadores médicos están a enganar ós médicos, pero tampouco o saben. As compañías farmacéuticas están a enganarnos a todos, alguén dentro delas sábeo. Isto vén a conto porque segundo parece é probable que algúns dos medicamentos que nos receitan os discípulos de Hipócrates non fagan o efecto desexado, ou alomenos non coa eficacia que procl
...
11 / 11 / 2004
Qué mellor maneira de comezar unha serie de artigos ca cun bico nos beizos. Resulta que é moi probable que o faga xirando a miña cabeza cara á dereita, inducindo un xiro similar na persoa que teño en fronte. Así o facemos un 65 % dos adultos, contra un 35 % que tende a xirar a testa para o lado esquerdo; esta é a conclusión dun breve traballo publicado o pasado mes de febreiro na revista “Nature”
...