A gaita virtual Breogán VSTi achega a música tradicional ao computador
Xénero: | 23 / 3 / 2026
O músico Carlos Lijó puña na rede este 21 de marzo Breogán VSTi, unha gaita virtual que permite reproducir sons da nosa música tradicional no computador. Este plugin, dispoñible de balde, inclúe tamén simulacións doutros instrumentos de vento tradicionais como o pito galego, a requinta e o asubío.
A longa espera polos MEU
Xénero: | 13 / 3 / 2026
Thank you for holding, que pode ser traducido como "Grazas por manterse á espera", é o título do álbum co que a banda coruñesa Meu volve á actividade tras catorce anos desde o seu segundo disco e posterior cese de actividade. Esta formación, integrada por ex-compoñentes de bandas tan significativas na escena coruñesa como Elephant Band, Deluxe ou Triceratops, acadou na primeira década deste século certo alcance nos círculos da escena nacional do pop pola súa proposta potente e sofisticada e que os levou por festivais como Primavera Sound ou Purple Weekend.
Treixadura presenta en directo o seu novo disco 'Portalén'
Xénero: | 12 / 3 / 2026
A formación tradicional Treixadura presentará este sábado, 14 de marzo ás 20:30 horas, o seu novo traballo discográfico, Portalén, nun concerto especial que terá lugar no Teatro Afundación de Vigo. Será unha cita única na que o público poderá escoitar por primeira vez en directo o repertorio completo deste disco que ven de sacar en plataformas fai dúas semanas.
The Rapants afianzan o seu crecemento e identidade co seu cuarto disco
Xénero: | 6 / 3 / 2026
“Jrasias por confiar”. Así arranca o cuarto LP de The Rapants, titulado Rapants Club, un álbum no que os muradáns queren agradecer ao seu público a súa compañía nestes anos. O grupo dá un paso adiante, saca músculo e afirma que este Rapants Club -xa dispoñible nas plataformas dixitais- supón o álbum máis fiel ao carácter e gustos do cuarteto.
MJ Pérez presenta Je tiens bon
Xénero: | 4 / 3 / 2026
Tras cinco anos sen publicar disco, a cantautora arzuá MJ Pérez ven de presentar o seu quinto traballo discográfico 'Je tiens bon', un traballo de trece temas no que conta coas colaboracións das voces de Adhara Caamaño, Nastasia Zürcher, Noelia Perpetuo, Sofía Espiñeira e CRUA. O novo proxecto nace dun proceso fondo de transformación persoal e creativa tras unha etapa que a reconectou co sentido de facer cancións e resistir desde a calma. En 'Je tiens bon' MJ Pérez combina canción de autora, pop, rock, música de raíz, ritmos latinos e brasileiros. A diversidade de estilos non rompe a unidade do álbum porque hai unha esencia que permanece intacta: a voz, o xeito de escribir, os trazos harmónicos e unha identidade recoñecible.
Rebeliom do Inframundo sacan peito con 'Orgulho'
Xénero: | 3 / 3 / 2026
No ano 2020 a comunidade de Hip-Hop galega, a través dun foro propio elixía a canción 'Rugir da Jungla' de Rebeliom do Inframundo como a mellor canción de Hip Hop na nosa lingua de 2019. Desde aquela a formación presentou outro álbum 'Amor ou barbarie' (Galunk Producións, 2023). Agora a banda ven de presentar, tras varios adiantos, o que é o seu quinto álbum, Orgulho (Galunk Producións, 2026), unha obra que condensa máis dunha década de traballo, constancia e compromiso e na que saca peito por moitos motivos que van do íntimo ao colectivo.
Dani Cornes comparte experiencias íntimas co seu segundo disco
Xénero: | 27 / 2 / 2026
O grovense Dani Cornes é unha rara avis que chegou primeiro á viralidade en redes, sendo apenas un rapaz en 2012, con aquel paródico xogo musical que foi o 'Rías Baixas Style' para despois ir madurando fóra do foco e ir crecendo como músico e tamén no audiovisual, a súa outra faceta artística. Un primeiro disco autoeditado en 2018, 'Días de rosas', precede a un parón musical no que céntrase no audiovisual que o leva a Barcelona. Desde alí, pero coa ollada posta na súa casa é como creou este disco 'Aquí sempre tes casa' (Dotbeat, 2026), que destila as emocións da súa experiencia vital, común dunha xeración na que foron moitos os que coma el, tiveron que deixar atrás as súas casas na procura dos seu soños. O álbum, do que xa foi entregando tres temas previos, sae hoxe ao público e sitúa a Cornes, unha vez dispoñibles as súas once pezas, nunha posición destacada entre os compositores galegos emerxentes. Estamos con toda seguridade ante un dos discos galegos e en galego do ano.
Dioivo recupera con 'Que soe o trono' a música da súa anterior formación
Xénero: | 26 / 2 / 2026
A coincidir co Día de Rosalía o dúo vigués de metal rock Dioivo lanzou o que xa é o seu terceiro álbum de estudio completo, titulado 'Que Soe o Trono' (Romantic Songs Records, Loita Underground e Speedhammer Records). O novo traballo longo chega tres anos despois do 'Cara os Ceios Incrementes' (Sleaszy Rider Records, 2023) Con este novo álbum, a banda celebra non só 10 anos como Dioivo, senón tamén 15 anos dende a fundación da súa formación predecesora, Rust in Peace, que en 2016 converteuse no dúo Dioivo actual.
Antía Muíño presenta 'Anfibia por veces'
Xénero: | 25 / 2 / 2026
A compostelá Antía Muíño recollía no ano 2022 o Premio Martín Códax á Artista Emerxente e ese mesmo ano sacaba o seu álbum de debut, 'Carta aberta' (Raso estudio, 2022), co que conseguiu ser seleccionada pola plataforma dixital Spotify como embaixadora da música española na lista EQUAL, que recolle o talento feminino feito en distintos países do mundo. Con estes antecedentes e un bo numero de actuacións desde entón, saca agora un novo traballo, 'Anfibia por veces' (Raso estudio, 2026), producido por ela mesma xunto a Hevi. Neste novo traballo Muíño combina sensibilidade e eclecticismo. Mantendo a canción como eixo central, o disco abre o abano estilístico e sonoro xa amplo da cantautora sen perder coherencia. A xira de presentación de Anfibia por veces terá a súa primeira parada galega o vindeiro 5 de marzo no teatro Principal de Santiago de Compostela.
Axenda
novidades discográficas
MEU
Treixadura
The Rapants
MJ Pérez
Rebeliom no Inframundo
Dani Cornes
Dioivo
Antía Muíño


