Germán Prieto enfróntase ao Destino no seu segundo disco

Os once novos temas amosan o achegamento á electrónica deste veterano da escena galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Germán Prieto enfróntase ao Destino no seu segundo disco

Once cancións de pop, rock e indie, con temas en galego e en castelán conforman a variada aposta estilística de Destino, segundo álbum de estudio de Germán Prieto. O pontevedrés continúa así a carreira en solitario que iniciou en 2022 con Salto al vacío logo de participar en diferentes formacións da escena musical galega.

Xonix Records lanza esta proposta que supón un achegamento aos sons electrónicos por parte do artista. A manter a guitarra como instrumento principal, os temas do álbum preséntanse traballados e cheos de matices, a combinar sintetizadores, loops e diferentes efectos con toques acústicos.

Achegamentos ao blues como o de Junio ou baladas como Resiliencia combínanse con temas enérxicos de liña rock como El tren e En la oscuridad ou Cenizas, que abre o álbum a exemplificar a aposta electrónica do proxecto. Prieto anuncia presentacións ao vivo en Sanxenxo para setembro, en outubro na Sala The Trooper de Cangas e en decembro na Sala Rebullón de Mos.

A produción de Manu Rey, que tamén gravou todas as baterías do álbum, déixase sentir nun proxecto no que tamén está presente a man de Lolo Arincón no single Roto por dentro.

Que che parece esta nova?
205 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mos, Escena Galega, Rock, Pop...