Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario

Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo sairá á venda o vindeiro 24 de setembro

17/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.

En outubro comezará a xira de presentación do traballo, cun concerto o día 25 na sala Apolo de Barcelona. A visita a Galicia está prevista para o 15 de novembro, cun recital na sala compostelá Capitol.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iván Ferreiro, Madrid, Piratas, Barcelona...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares