Iván Ferreiro convídanos á súa Casa

O músico vigués presenta hoxe o seu novo álbum en solitario

28/10/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: música
39 lecturas | Compartido 0 veces

O sexto álbum en solitario de Iván Ferreiro aparece como resultado do ano sabático que colleu o músico vigués en 2015. Casa achega doce temas nos que o abandono e a exaltación da amizade teñen unha especial pegada. O músico explora novos ámbitos sonoros nun disco que conta con colaboracións de Amaro Ferreiro, Leiva, Pablo Novoa ou Nico Pastoriza a complementar o seu universo poético. Gravado a medias entre Gondomar e Barcelona, Ferreiro contou con Ricky Falkner para a produción do novo proxecto, que edita Warner Music. O álbum preséntase en edición especial, en dixipack e en formato LP, co extra do CD Todo lo demás.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iván Ferreiro, Barcelona

Claves

Protagonistas
Lugares