Iván Ferreiro anuncia a inminente saída do seu segundo disco en solitario

Pirata solitario

21/8/2006 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Será en setembro cando o novo disco de Iván Piñeiro saia á rúa. O músico vigués adiantou o nome do álbum “Siete y medio”durante a súa participación no Festival de Música Independiente Sonorama, en Aranda de Duero. O disco inclúe composicións súas e do seu irmán, Amaro, que foron creando durante a xira do pasado ano por Arxentina. Iván Ferreiro describiu o seu novo traballo como “unha baixada aos infernos”. Despois de “Canciones para el olvido y la distancia” este será o segundo traballo en solitario de Iván Piñeiro tras da disolución de Los Piratas.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iván Ferreiro, Piratas, Arxentina

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares