Amaro Ferreiro preséntase en solitario con Biólogo

A compostelá sala Sónar acolle esta noite a presentación do novo traballo

28/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: música
25 lecturas | Compartido 0 veces

Malia a ter unha longa carreira musical en diferentes proxectos como Los Piratas e a acompañar o seu irmán Iván, Amaro Ferreiro presenta aínda agora o seu primeiro proxecto en solitario. Biólogo achega doce temas na liña de pop habitual neste compositor. Aínda que o disco, editado por Warner Music sairá á venda o venres 29 de abril, Ferreiro preséntao ao público a noite anterior cun concerto no pub compostelán Sónar no marco do ciclo SantiAutor. Ata entón, o álbum pódese escoitar en exclusiva no web MondoSonoro.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Sónar, Pop, Piratas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)