Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre

Moitos temas poden escoitarse xa no web do artista vigués

19/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O vigués Iván Ferreiro pon esta semana nas tendas o seu novo disco Picnic Extraterrestre (Warner Music, 2010), o seu terceiro disco de estudio en solitario. O disco, que contén 12 temas, leva cancións compostas por el e como xa é habitual polo seu irmán Amaro Ferreiro, así como por Pablo Novoa. Fiel ao seu recoñecible estilo Ferreiro ofrécenos o seu pop melancólico e intimista, comezando pola canción que se usa de promoción do álbum Farenheit 451, que non defraudará aos seus seguidores e cuxo vídeo, dirixido por Daniel Etura, tampouco ha deixalos sen unha certa dose do desasosego habitual do que é bandeira Iván Ferreiro. Como xa é tamén marca do artista moitos dos temas poden escoitarse a través da súa web e é previsible que vaia deixando alí todas as cancións así como as súas letras.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iván Ferreiro, Pop

Claves

Protagonistas
Conceptos