Un disco gravado ao vivo cos grandes éxitos da súa carreira en solitario e da época con Los Piratas. Esta é a proposta que fai o vigués Iván Ferreiro en Confesiones de un artista de mierda. A obra, que consta de dous CDs e un DVD, inclúe por unha banda un directo e un miniconcerto acústico gravados nos estudios Cata de Madrid ante público, asà como un DVD coa filmación destas sesións. Para alén da colaboración do seu irmán Amaro Ferreiro e dos membros da súa banda Pablo Novoa e o novo baterÃa Gael Pintos, Iván conta neste traballo con colaboracións como Xoel López, Santi Balmes (Love of Lesbian), Rubén Pozo (Pereza). Ademais dos 14 temas compilados, o disco recolle tamén dúas cancións inéditas. Logo do seu lanzamento, o pasado 18 de outubro, o disco logrou situarse como a segunda obra máis vendida a nivel estatal só por detrás do novo traballo de Amaral.