Iván Ferreiro versionará a Golpes Bajos no seu novo disco

'Cena recalentada' sairá a finais de setembro e conta coa colaboración dos membros orixinais da banda viguesa

Capa do disco  A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984) de Golpes Bajos
Capa do disco A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984) de Golpes Bajos
O vindeiro día 21 de setembro sairá ao mercado o novo disco de Iván Ferreiro, Cena recalentada (Warner), un traballo especial na carreira do músico do Val Miñor. Neste novo disco Ferreiro leva a cabo unha revisión dos temas do mítico grupo vigués Golpes Bajos, dun dos seus temas máis coñecidos toma o nome do disco. Para a gravación deste traballo Iván contou coa participación dos membros orixinais da banda, a excepción do desaparecido Germán Coppini. Teo Cardalda, Luís García e Pablo Novoa gravaron no estudio en Madrid as súas partes para este álbum no que o autor de Años 80, rende homenaxe a unha das maís grandes bandas desa década. O disco será por completo nos seus 19 temas unha revisión da discografía breve da banda viguesa. Xa hai confirmada unha actuación en directo de Ferreiro cos integrantes de Golpes Bajos no festival Iberia de Benidrom o vindeiro 13 de outubro nunha homenaxe a Coppini que contará con outras colaboracións.