Andrea Pousa inicia a súa carreira en solitario con Respirar

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o día 26 o concerto de presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Andrea Pousa inicia a súa carreira en solitario con Respirar

A Casa Galega da Cultura, en Vigo, acollía onte o acto de presentación de Respirar, o primeiro álbum en solitario de Andrea Pousa. Logo de quince anos nos escenarios en diferentes formacións e dunha intensa carreira a facer dúo co Bruxo Queiman, a cantante inicia a súa carreira individual cun disco que se mantén nas coordenadas líricas dos seus anteriores traballos. Unha selección de temas propios en galego, castelán e portugués mesturan, segundo a presentación do traballo, "lirismo, tradición, vanguardia, popular...", a se completar cunha versión da coñecida Negra Sombra. Nani García encargouse da produción e da gravación deste álbum, que se presentará ao vivo cun concerto no Teatro Afundación de Vigo este 26 de outubro.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Pousa, Teatro, Teatro Afundación de Vigo, Nani García...