Pablo Seijas laza o seu primeiro álbum en solitario

O membro de Misterioso Viaje Holanda presenta Para brillar o vindeiro 17 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pablo Seijas laza o seu primeiro álbum en solitario

Un concerto na sala herculina LeClub o vindeiro 17 de xaneiro será a presentación pública de Para brillar, o primeiro disco de Pablo Seijas. O coruñés membro da banda Misterioso Viaje Holanda debuta en solitario cun volume autoeditado no que presenta trece temas persoais que rachan co son do grupo para apostar por un son máis pop e intimista. Logo do concerto de presentación, no que contará con banda, o artista iniciará unha xira na que traballará en solitario o formato acústico. O álbum está dispoñible en iTunes e para a súa libre escoita en Bandcamp, e o cantante anuncia a súa intención de facer unha edición física.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Holanda, Laza, Pop

Claves

Conceptos
Lugares