Misterioso Viaje Holanda volta con MVH

A Sala Son de Cangas acolle a presentación do álbum o 15 de marzo

14/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Recén saído do prelo chega á rúa o segundo traballo de Misterioso viaje Holanda. MVH é o título do flamante disco do conxunto coruñés, que achega dez temas de pop atmosférico con toques psicodélicos. Gravado nos estudios Bruar e Santa Cruz Recording da Cidade Herculina, o álbum está dispoñible en Bandcamp. A xira de presentación do volume comeza este sábado 15 na Sala Son de Cangas e continuará pola Fábrica de Chocolate de Vigo (22 de marzo), o Pub Dantón de Laracha o 10 de abril, A Reserva de Carballo o 19 de abril e o Liceo Mutante de Pontevedra o 3 de maio.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

25/03/2014

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Holanda, Cangas, Pop, Cidade Herculina...