Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

25/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A piques de saír do forno e xa en prevenda está o terceiro disco de Crô!. Pera, editado baixo o selo Metamovida achega oito temas gravados ao vivo nos madrileños Estudios Brasil. Segundo recoñecen os membros do grupo, o rock progresivo de anteriores traballos vese neste novo lanzamento influído por sons máis pop, con menos cambios de ritmo nos temas. A Sala Iguana de Vigo acollerá o comezo da xira de presentación o vindeiro 28 de marzo. A tourné continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 29, Madrid o 11 de abril e o Liceo Mutante de Pontevedra o día 12.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pop, Rock, Madrid...

Claves

Conceptos