Mauna Loa, a consolidación de Guerrera

Matapadre publica o segundo álbum do grupo, gravado na Coruña

12/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Formado por antigos compoñentes de Ictus, Holywater, Cuzo, Cró! ou Disappointment, Guerrera saíu á luz cun primeiro álbum autoditado en 2013. Agora a discográfica compostelá Matapadre incorpora o grupo ao seu catálogo con Mauna Loa, o seu segundo traballo. Gravado nos estudios coruñeses Montealto, o volume, editado en vinilo, achega un único tema de máis de 45 minutos dividido nas caras Montaña y Fuego e mais Magma y trueno, no que se mesturan "stoner, psicodelia, blues e rock clásico", segundo resume a discográfica. A Iguana en Vigo acollerá a presentación do álbum o vindeiro 4 de abril, e a xira continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 5 para seguir por Madrid e Euskadi.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

25/03/2014

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Blues, Rock, Madrid...

Claves

Conceptos