
Santander, o vindeiro 24 de setembro, marca o comezo da xira de presentación de
Human flesh. O dúo Bala, composto por Anxela Baltar e Violeta Mosquera achegarán os sete temas do seu traballo de debut tamén a locais de Madrid, Euskadi e Salamanca ademais de programar concertos en Galicia. A banda compostelá presenta, da man de matapadre, un rock escuro con resonancias grunge en temas como
Tripas + Chained,
Hell's Waiting ou
Joan Vollmer. Matapadre edita o traballo, que se gravou nos estudios Montealto da Coruña.
En vindeiras datas, Bala tocará no Festiblas de Lugo (2 de outubro), La Iguana (Vigo, dÃa 3), o Liceo Mutante (Pontevedra, 10), o Super 8 (Ferrol, 16), Nave 1839 (A Coruña, 17) e El Pueblo Café Cultural (Ourense, dÃa 23).