Is It In You? é o prometedor debut de Puma Pumku

O grupo compostelán edita con Matapadre o seu primeiro traballo discográfico

26/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Con preestrea en Rockdeluxe o quinteto compostelán Puma Pumku debuta da man de Matapadre con Is it in you?. Logo do seu EP de presentación e de completar unha exitosa campaña de crowdfunding, o grupo lanza agora unha colección de temas nos que a psicodelia e as atmósferas con ecos dos anos sesenta continúan a predominar. O álbum preséntase en dúas edicións, unha para os patrocinadores do proxecto, en vinilo de cor con dez temas, e outra baixo o selo Matapadre, que unicamente recolle nove. A gravación realizouse da man de Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño de Triángulo de Amor Bizarro no seu propio estudio. O grupo inicia agora a xira de presentación do traballo, que os levará o 28 de novembro a sala madrileña Siroco, o 12 de decembro á Fundación SGAE de Compostela, e o 3 de xaneiro a El Pueblo (Ourense).

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Fundación SGAE, SGAE, Ourense...