Triángulo de Amor Bizarro presenta hoxe Victoria Mística

A compostelá Sala Capitol acolle esta noite a estrea do seu terceiro álbum

25/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Victoria mística, de Triángulo de Amor Bizarro

Un concerto na compostelá Sala Capitol servirá de presentación esta noite a Victoria Mística, o agardado terceiro álbum de Triángulo de Amor Bizarro. Aínda pendente de chegar ás tendas, o grupo deu a coñecer xa o primeiro single do novo traballo, Estrellas místicas, que foi recibido con entusiasmo pola crítica. O álbum sairá á luz da man de Mushroom Pillow e foi gravado na Coruña por Roberto Mallo e con mesturas de Manny Neto. A xira do grupo continuará por Madrid (27 de abril), Donosti (30) e A Coruña (4 de maio).

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Sala Capitol, A Coruña, Madrid

Claves

Entidades
Lugares