Outro que tal baila é o terceiro álbum de Tiruleque

Un concerto na Sala Capitol o 14 de febreiro iniciará a xira de presentación do disco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Outro que tal baila é o terceiro álbum de Tiruleque

O vindeiro 17 de febreiro chega ás tendas e preséntase ao vivo na Sala Capitol de Compostela Outro que tal baila, terceiro álbum de Tiruleque. Cinco anos depois de Mu!, o grupo lanza dez temas novos nos que continúa a explorar as posibilidades da música de raíz para a festa e o baile. O álbum autoeditado recolle tres temas propios, "nos que se xoga cos límites dos xéneros", segundo explica a presentación do proxecto, canda a "seis versións de temas tradicionais recollidos por investigadores como Pablo Carpintero ou o americano Alan Lomax. Os temas propios son Ribazo de Razo, definida como unha muiñeira contemporánea de corte tradicional; Mazo té, mazo, xota para dúas gaitas e resto de instrumentos, ou Rumbanera, composición a medio camiño entre a rumba e a habanera. Nas versións, destacan temas tradicionais como a Muiñeira dos dous golpes, o Romance dos paragüeiros ou Asubíame de lonxe.

Logo do concerto compostelán, a banda continuará a súa xira pola Fundación de Melide o 23 de febreiro e polo coruñés Garufa o 9 de marzo . A SalaSon de Cangas o 28 de abril e o lugés Clavicémbalo, o 16 de xuño son outras datas xa confirmadas.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Pablo Carpintero, Medios de comunicación, Melide...