Ailá presenta Tradimensional, o seu terceiro álbum

Dez temas cheos de colaboracións manteñen a aposta do grupo pola música de raíz para bailar

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Ailá presenta Tradimensional, o seu terceiro álbum

Un concerto este quince de decembro na compostelá Sala Capitol presentaba ao vivo o terceiro traballo de Ailá. O grupo lanza Tradimensional a manter a súa aposta pola música de raíz bailable e a incorporar por vez primeira letras propias ás pezas tradicionais que conforman o groso do seu repertorio.

Concibido como "unha homenaxe ao legado das mestras pandeireteiras", o novo proxecto incorpora en todos os seus temas colaboracións de artistas e formacións tradicionais como Cantigas e Agarimos, Cántigas e Frores, O Fiadeiro ou Ultreia, a recoñecer o traballo destes colectivos.

O grupo estrea neste proxecto a incorporación da zanfonista ferrolá Manu Fraguela que se suma a Ánxela Carou (voz e percusión), Manuele Pardo (voz, percusión e gaita), e Xan Pampín (acordeón e batería).

Entre os dez cortes do álbum atópase o singular A donzela guerreira, romance ibérico no que contan coa colaboración de Nikolay Velikov, e mais a incorporación do ritmo da mazurca, pouco habitual nos repertorios tradicionais, que o grupo chama a recuperar.

Taboada, o vindeiro día 21 de decembro, a Sala Rebullón de Vigo o 22 e a Praza Roxa de Santiago de Compostela, o 28 son as seguintes datas previstas na xira de presentación do grupo.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Manuele Pardo, Fiadeiro, Cortes...