Logo de catro LPs e un recompilatorio, DakidarrÃa presenta un novo proxecto discográfico que conmemora os seus 13 anos de traballo. De cuncas e de mar é un CD-DVD que recolle un concerto Ãntegro do grupo e que inclúe, no seu apartado audiovisual, unha serie de reportaxes sobre o dÃa a dÃa dos músicos. A banda achega quince temas nos que mantén a súa aposta pola fusión de ska, reggae e punk-rock sen concesións e cun son potente e conta con colaboracións de Boikot, Obrint pas, La RaÃz, ZOO, GarcÃa MC, Itaca band, SKA-P ou SOAK. Gravado por Santa Cruz Recording, o novo traballo sae á venda o vindeiro 29 de xaneiro nunha edición limitada da man de Maldito Récords. Dentro da xira de presentación, a primeira data confirmada no noso paÃs é un recital o vindeiro 9 de abril na sala Super 8 de Ferrol.