Chotokoeu presenta Saír a voar

Nove temas amosan que o grupo mantén a súa enerxía logo de sete anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chotokoeu presenta Saír a voar

Unha xira por seis país está a servirlle a Chotokoeu para presentar o seu novo traballo. Saír a voar chega sete anos despois do seu primeiro disco a achegar nove temas que saíron dun encerro creativo con toda a banda dedicada exclusivamente á música. O disco gravouse en Pau, Francia, e amosa que o grupo mantén toda a súa enerxía e continúa a aposta pola fusión balcánica co rock o swing ou o ska. Para alén da extensa xira internacional, a banda celebrará un concerto de presentación o vindeiro 26 de decembro na Coruña. O disco está dispoñible de xeito íntegro para escoita e descarga no web do grupo.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Chega Chotokoeu

Chega Chotokoeu

O grupo lanza o seu primeiro disco con 16 temas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Francia, A Coruña

Claves

Conceptos