A banda viguesa Moon Cesta presentará este sábado ás 13 horas nunha sesión vermú no Patio de Bouzas da súa cidade o que é o seu terceiro disco Moonary. Máis de seis anos pasaron desde o seu segundo disco The sparkling radiostars & their lunatic orcresta e nesta ocasión o grupo buscou levar a cabo un álbum concibido como unha colección de `singles´ xa que recolle o percorrido que a banda fixo por 9 estudos da xeografÃa galega con 9 produtores diferentes, gravando en cada un a idea máis recente na que estaba traballando. Deste xeito, cada peza ofrece un momento creativo distinto dentro dun proceso que culmina nesta colección de cancións. Algunhas das pezas que compoñen este collage sonoro xa foran estreadas nestes anos en forma de `videosingles´ que o grupo foi colgando na rede e interpretando en directo, pero outras verán a luz con este lanzamento. O disco ademais supón a fichaxe dio grupo polo selo Rock Estatal Records. Durante esta presentación do sábado poderá adquirirse xa o disco, que sairá en tendas o vindeiro dÃa 12, asà como as entradas para o seu primeiro concerto de presentación que terá lugar na Sala Masterclub de Vigo o vindeiro 28 de xaneiro. Nos dez temas do disco a banda mantén o seu estilo entre o rock giuitarreiro, a psicodelia e o funk.