Co seu segundo disco Catpeople quere desembarcar na escena internacional

A banda composta por galegos afincados en Barcelona dedica un tema a Vigo

6/11/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O luns, 10 de novembro, sairá ao mercado o segundo disco dos vigueses Catpeople. A banda, afincada en Barcelona, ofrece en What´s the time Mr. Wolf? doce temas nos que melloran e confirman o seu son propio sen rexeitar as súas referencias da new wave e traballando máis o resultado final de cada canción. Como xa sucedera no seu anterior álbum Reel #1 (Pupilo Records, 2006) a banda gravou en inglés todos o temas, un deles con mención á súa cidade, Stumble in Vigo, o proceso levouse a cabo nos estudios Blind Records a finais do pasado 2007. O disco está editado por PIAS Spain e a súa promoción en directo comezará nunha xira por tres cidades francesas de acordo cun dos principais obxectivos do grupo, que é exportar o disco por outros países.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Vigo

Claves

Lugares