Para a gravación do seu segundo disco The sparkling radiostars & their lunatic orcresta os vigueses Moon Cresta desprazáronse ata California para traballar nos esutdios Radiostar coa produtora Sylvia Massi, en cuxo currÃculo conta colaborar con bandas coma The Black Crowes, REM, Aerosmith ou Red Hot Chilli Peppers. Do seu traslado trouxeron este disco con dez temas en inglés nos que a banda mantén a súa persoal aproximación ao rock e o funk a través dunha coidada composición e unha interpretación poderosa. Un traballo que confirma a particular visión do seu estilo denominado "power & funk" con cancións coma "Be real", "Leave them alone" ou "Hard Railway", pero que tamén explora novas linguaxes expresivas en temas coma "Burn", "Infatuation" o "Long way from home".