O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius

Grandes éxitos por vir

24/5/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Nas vindeiras semanas o selo discográfico PAI- Música presentará o primeiro disco do grupo Cornelius que levará por nome "Greatest Hits". Cornelius é unha banda de Vilagarcía de Arousa que veñen de gañar o certame de pop-rock MusicaliA! de Vigo. O seu estilo musical abarca rock, funk, rock&roll, hard rock ou acústico, cantado sempre en inglés. A banda está formada por David "Chiquillo" ás voces, Antonio Casado "El Abuelo" & Toni B. Willisch ás guitarras, Jose Vilas no órgano e piano e a sección rítmica a forman Andoni Arcos ao baixo e Ton Risco á batería. O disco foi mesturado e masterizado por Segundo Grandío no estudio Casa de Tolos e estará nas rúas a partires de xuño.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pop, Arousa, Vilagarcía de Arousa...