Os ourensáns Ergom presentan o seu primeiro disco Fronkiria

A banda mestura folk, rock e funk na aposta por un estilo propio

19/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Folk, Rock e Funky mesturados en temas instrumentais son os sinais de identidade musical do ourensáns Ergom, que levan ao que o grupo ven de chamar “Estilo Fronky” e de aí ao seu primeiro CD recentemente presentado Fronkiria (autoeditado). A banda gravou este traballo durante varios meses nos estudios Mafia Records de Carballiño baixo a batuta de dirección de Oscar Fernández “Chichi”, Ergom naceu como banda no ano 2002 e gravou unha primeira demo en 2003, no ano 2004 participaron no Festival Internacional do Mundo celta en Ortigueira. O grupo está integrado por David Nóvoa (guitarra), Alberto Godoy (baixo), Santi Rodríguez (gaita), Lorena Negreira (batería) e David Blanco (teclados). Na actualidade, Ergom prepara a xira de presentación de Fronkiria.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/05/2011

Chegan os Ulträqäns

O primeiro traballo do grupo aposta pola fusión folk e reivindica o estilo steampunk

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Rock, Identidade, Demo...

Claves

Entidades