Chegan os Ulträqäns

O primeiro traballo do grupo aposta pola fusión folk e reivindica o estilo steampunk

5/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Foto: Ulträqäns

Logo de tres anos e medio, o grupo Ulträqäns presenta o seu primeiro disco. Folk, punk, sintetizadores ou ritmos balcánicos mestúranse nun proxecto difícil de definir pero que os seus responsables reivindician como fusión retrofuturista ou steampunk. Dezasete temas, dos que só catro teñen letra, son a carta de presentación do conxunto, que se autoproduciu e gravou na casa un proxecto que sae autoproducido baixo o selo Lobicán. comeza agora unha xira na que, cun repertorio bastante mais cantado, o grupo amosará o seu bo facer en directo ao longo e ancho do país.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk

Claves

Conceptos