Funk'n Bastards estréanse con Brainstorming

O funk con mesturas doutros xéneros marca o estilo do grupo

4/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Brainstorm de Funk'n Bastards

Logo dunha extensa traxectoria nos escenarios, o grupo pontevedrés Funk'n Bastards presenta o seu primeiro disco. Brainstorming presenta unha serie de temas nos que, sobre unha base de funk cantada en inglés vanse engadindo elementos de rock, blues ou bossanova entre outras correntes. Logo da presentación do álbum, autoeditado, o pasado 27 de abril na Fábrica de Chocolate (Vigo) o grupo prevé continuar coas presentacións do proxecto. Está dispoñible xa na rede unha mostra do traballo, así como a primeira maqueta do conxunto, que se pode descargar de xeito íntegro.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Rock, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares