Capa de Más difÃcil todavÃa
Logo de 17 anos de carreira, o grupo pontevedrés Delahoja lanza hoxe, da man de Sony Music,
Más difÃcil todavÃa . O álbum presenta dezaseis temas e dous bonus track de hip-hop que mesturan árabe e castelán, no estilo habitual do grupo. Entra as novidades, colaboracións de altura como as do grupo Cypress Hill (en
La conexión ) ou de membros de The Fear Factory ou Kie, entre outros, nun traballo que amosa un son elaborado e un importante traballo de produción. A FNAC da Coruña acolle hoxe mesmo a presentación oficial deste proxecto. O grupo confirmou xa a súa presenza na vindeira edición do festival Viña Rock.
O álbum, que foi gravado en WM Estudios, en Cádiz, sae á luz na edición normal e máis nunha caixa que inclúe agasallos como unhas gafas, un pendrive cos temas, fotografÃas e as letras dos temas.