Dixie Town presenta O furacán

O disco está dispoñible íntegro na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de O furacán

Capa de O furacán

O cuarto disco de Dixie Town xa está na rúa. En O furacán a banda amosa, segundo eles mesmo din "a súa variedade de rexistros". Desde o blues ao rock sureño, a banda viguesa achega 14 temas en inglés que amosa o seu bo facer xogando con referencias como Captain Beefheart, Blue Cheer, Spencer Dickinson, Ten years after, ou Grand Funk Railroad. Gravado nos estudios Tigruss de Gandía, con produción de Mike Mariconda, o disco está dispoñible integramente na rede. O grupo inicia agora a xira de presentación, que terá a súa vindeira parada na Sala Rouge de Vigo o vindeiro 23 de febreiro.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Rock, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares