Moondogs Blues Party presenta o seu segundo disco

Thirty Roads achégase ao son máis sureño do blues

8/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Da man do selo vasco Gaztelupeko Hotsak chega ás tendas Thirty Roads, o segundo disco da banda galega Moondogs Blues Party. Cunha aposta polo blues máis achegado ao son do sur dos Estados Unidos, a banda que lidera Javier Prado presenta dez novos temas que se moven polo imaxinario das estradas, falando sobre o amor, a frustración ou o pasado. O disco conta con colaboracións como a de Víctor Aneiros e foi gravado nos estudios Abrigueiro. Logo do debut o pasado sábado 4 na sala LeClub da Coruña, a banda continúa a xira de presentación continúa polo Roi Xordo, de Allariz, o vindeiro 23 de xullo. Na actualidade o grupo prepara o videoclip do tema The devil is on the roof, que dirixe Cristina Becerra

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Allariz, Estados Unidos

Claves

Conceptos