Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo

A soidade pide copas nos bares versiona temas de anteriores traballos

30/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Versións en acústico dunha selección de temas de tres discos anteriores. Esta é a nova proposta que fai Víctor Aneiros en A soidade pide copas nos bares, o seu último traballo. Editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak o disco recupera dez temas entre os que se atopa títulos como Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte ou Autor de westerns nos que o son espido da guitarra cobra protagonismo. Aneiros conta no proxecto coa colaboración de Fran Rey ao acordeón neste proxecto. Logo e presentar o disco o pasado venres 27 en San Sadurniño, o guitarrista ten previsto tocar o 17 de xullo no Festival de Blues de Getxo e o 27 no Festival de Jazz e Blues de Ribadeo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Morte, Jazz, Bala...

Claves

Entidades
Conceptos