Víctor Aneiros Band e Julie Guravich lanzan un disco conxunto

Back From The Blues mestura temas clásicos e creacións de Aneiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Back from the blues

Capa de Back from the blues

O grupo ferrolán Víctor Aneiros Band acada de lanzar Back From The Blues, un disco editado por Gaztelupeko Hotsak no que se alía coa vocalista canadense Julie Guravich. O proxecto achega dez temas nos que se mesturan clásicos do blues como Help me throught the day ou Same old blues con temas do propio Aneiros como Yes I know ou Driving home, así como o que lle dá título ao disco. Canda á voz, o traballo conta con colaboración como o recoñecido harmonicista Mingo Balaguer. A gravación fíxose en Ank Studio, en neda, e a produción correu a cargo de Aneiros e de Victor Gacio.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Clásicos

Claves

Conceptos