Víctor Aneiros presenta o seu DVD ao vivo

O disco conta con colaboracións coma José e Roberto Somoza ou Mauro Sanchís

26/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O concerto que deu Víctor Aneiros o 27 de novembro de 2010 no Teatro Jofre de Ferrol no marco do ciclo Out Jazz, ve a luz agora na forma dun DVD. O músico de blues ten xa á venda Víctor Aneiros ao vivo, unha obra na que se poden escoitar doce temas incluíndo cancións como Na barra, Axúdame ou Sombras de Compostela e que conta con colaboracións coma as de José e Roberto Somoza, Mauro Sanchís ou a voz de Julie Guravich. Os vindeiros concertos que ten previstos o bluesman son o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Narón e o 10 do mesmo mes no Teatro Principal de Ourense.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito