Quinito Mourelle lanza Paradero desconocido

O músico aposta polo dúo con Roberto Somoza para o seu terceiro disco

7/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxe de presentación de Paradero desconocido

Abandonando o cuarteto, o músico de jazz Quinito Mourelle aposta polo dúo para o seu novo proxecto. Paradero desconocido é o título do álbum no que o pianista está acompañado por Roberto Somoza ao saxo. Composicións propias nas que, por vez primeira Mourelle amosa a súa capacidade como letrista en dous temas nos que participa Lucía Souto na voz. O álbum foi gravado ao vivo o pasado mes de decembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e presentouse o pasado día 4 cun concerto no Museo de Belas Artes da Coruña

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Belas Artes, Auditorio de Galicia, Museo de Belas Artes da Coruña...