Quinito Mourelle presenta hoxe en concerto o disco 'Suite de las ocho'

Roberto Somoza e a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba acompañan ao compositor

14/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaEspectáculos
31 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do disco

O Teatro Colón da Coruña acolle hoxe ás 20:30 horas a estrea absoluta de Suite de las ocho, novo traballo de pezas propias do compositor, pianista e xornalista Quinito Mourelle, arranxadas para orquestra de cámara por Roberto Somoza. Este é os segundo disco de Quinito Mourelle. Os oito temas orixinais que se reúnen neste traballo percorren transversalmente a música jazz e a clásica xuntando a sonoridade e a narrativa da música clásica cos valores da improvisación jazzística. A Orquestra de Cámara Galega. Dirixida por Roberto Groba acompaña ao piano de Mourelle e o clarinete de Somoza na posta en escena da suite. O disco gravouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela con produción de Pablo Barreiro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados