Estrean en Ponteareas 'Danzas gulanesas' de Rogelio Groba

A Orquestra de Cámara Galega dirixida polo fillo do mestre interpretará hoxe a peza no Festival Groba

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Rogelio Groba

Rogelio Groba

A suite para cordas 'Danzas gulanesas', composta en 1996 polo mestre Rogelio Groba (1930, 2022) estrearase hoxe no marco do XII Festival Groba, no Auditorio municipal de Ponteareas. Co fillo do compositor, Rogelio Groba Otero, como director a Orquestra de Cámara Galega será a encargada de presentar ao público estea noite ás 21 horas esta obra do desaparecido mestre, do que tamén se interpretará a peza "Polas rúas de Ponteareas". A obra de estrea, 'Danzas gulanesas', é unha suite para cordas inspirada nas tradicións populares do Rancho de reis, no que agrupacións de músicos e danzantes percorrían as parroquias pedindo o aguinaldo nas festas de reis e leva o nome de Guláns, unha desas parroquias de Ponteareas, de onde era o mestre Groba.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteareas, Rogelio Groba, Reis, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares