A SGAE celebra en Santiago e Madrid o 80 aniversario de Rogelio Groba

Un DVD-CD, unha placa conmemorativa e un concerto fan parte da homenaxe

24/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É un dos compositores galegos máis destacados que conta con máis de 600 composicións rexistradas entre cantatas, óperas e lieders, entre outras pezas. Rogelio Groba Groba (Guláns-Ponteareas, 16 de xaneiro de 1930) cumpre oitenta anos e a Sociedade Xeral de Autores quere renderlle unha homenaxe. Faráo o 30 de setembro na sede que ten en Santiago (ARTERIA Noroeste) coa presentación dun CD-DVD sobre a súa figura; a entrega dunha praca conmemorativa; e un concerto da Orquestra de Cámara Galega (dirixida polo seu fillo) que executará unha escolma da súa extensa obra. O concerto repetirase o 25 de outubro no Auditorio 400 do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, en Madrid.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rogelio Groba, Madrid, DVD, SGAE...

Claves

Protagonistas
Conceptos