Morre Rogelio Groba, o músico que ancheou os camiños

O compositor faleceu na Coruña o domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaNecrolóxicas
Compartir:
Rogelio Groba. Foto: Fundación Rogelio Groba.

Rogelio Groba. Foto: Fundación Rogelio Groba.

O músico e compositor Rogelio Groba faleceu onte na Coruña aos 92 anos de idade. O artista, dunha estensísima obra musical na que abordou todo tipo de xéneros e unha longa actividade como docente de varias xeracións e director de formacións musicais, deixou escritas máis de 700 obras. Entre elas, moitas dedicadas a Galicia, incluíndo cantatas, sinfonías, óperas, ballets, requiems ou concertos. Groba foi director da Banda-Orquestra Municipal de A Coruña, fundador da orquestra do Conservatorio de Música de A Coruña e a Orquestra de Cámara Municipal, e fundou outros conservatorios por toda Galicia. O músico recibiu numerosas distincións e premios pola súa actividade e compromiso musical, entre as que destacan as máximas condecoracións autonómicas. En Ponteareas celébrase anualmente o Festival Groba, combinando estreas do autor con outros concertos de coñecidos compositores internacionais.

Documental sobre a vida de Rogelio Groba:

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Rogelio Groba, Ponteareas, Documental...