O II Festival Groba reunirá concertos e clases maxistrais en Ponteareas

Celebrarase desde o sábado ata o día 30

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Concello de Ponteareas acollerá a segunda edición do Festival Groba de música. Recoñecidos intérpretes de música clásica coma os violinistas Guillermo Figueroa e Mayu Kishima, ou os pianistas Ricardo Blanco, Yedam Kim e Arturo Rúa, entre outrs moitos ofrecerán concertos gratuítos. A orquestra residente será a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba (fillo). Pero o que distingue a este festival son os obradoiros e as clases maxistrais gratuítas que complementan a oferta de representacións musicais. Aínda que as prazas están cubertas, pódese inscribir a través do sitio web oficial.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteareas, Rogelio Groba

Claves

Protagonistas
Lugares