Cultura e a Fundación Rogelio Groba acordan preservar a obra do compositor

O convenio implica a catalogación e dixitalización do fondo bibliográfico e musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É un dos compositores galegos máis prolíficos porque ten máis de trescentas obras da súa autoría que abranguen todos os xéneros (de Lied a música de cámara pasando por orquestra e sinfonías). Rogelio Groba (Ponteareas, 1930) creou unha fundación para preservar o seu legado e, desde hai varios anos asina convenios coa administración (vía Consellaría de Cultura, vía Fundación Cidade da Cultura) para preservar a conservación, estudo e difusión do seu fondo bibliográfico-musical. O último foi a semana pasada, cando a Fundación Cidade da Cultura destinará 15.000 euros para catalogación e dixitalización dun material que pasará a difundirse a través da rede virtual da Biblioteca de Galicia.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rogelio Groba, Biblioteca de Galicia, Ponteareas, Cidade da Cultura de Galicia