No 2010 Rogelio Groba, un dos compositores galegos máis destacados, cumprirá oitenta anos. Unha efeméride que a fundación que leva o seu nome quere celebrar cun ciclo de concertos polas vilas galegas. Un proxecto que contará co apoio da consellaría de Cultura que achegará 90.000 euros . Ademais, nese mesmo ano a Fundación Cidade da Cultura achegará 30.000 euros para continuar co plan de dixitalización do legado deste compositor e que pasarán a disposición da Biblioteca de Galicia.
A Fundación Rogelio Groba celebrará polas vilas galegas o 80 aniversario do compositor
No 2010 tamén continuará o plan de dixitalización do legado do compositor
6 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas