O Xacobeo Classics levará a música de Groba a oito vilas galegas

O ciclo Os oitenta de Groba homenaxeará o decano dos compositores galegos

17/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A coincidir co oitenta aniversario de Roxelio Groba, o programa Xacobeo Classics dedicaralle un ciclo ao decano dos compositores galegos. Os oitenta de Groba levará a oito vilas do país, da man da Orquestra de Cámara Galega, algunhas das pezas máis sonadas do músico canda a temas de coñecidos compositores internacionais. Ao tempo, no marco deste programa estrearanse os ciclos Na suaviña e Na barxa, a cargo da soprano Cecilia Lavilla Berganza. As sesións, que serán libres e de balde, arrincan o vindeiro sábado en Vilalba e continuarán por Lalín, Viveiro, A Estrada, Vilagarcía, Ortigueira, Mondariz e Betanzos.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Vilalba, Mondariz, Ortigueira...