Apróbase a cesión dos fondos de Carlos Casares á Cidade da Cultura

O Arquivo e a Biblioteca de Galicia custodiarán e dixitalizarán os fondos ao longo de trinta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba onte a cesión do fondo bibliográfico e documental de Carlos Casares á Cidade da Cultura. A Fundación que leva o nome do escritor e antigo presidente do Consello da Cultura cederalle á Biblioteca e Arquivo de Galicia a ampla colección bibliográfica de Casares, de preto de 6.000 volumes, así como case sete mil documentos en papel e varios milleiros de fotografías e diapositivas. As entidades públicas custodiarán este legado durante un período mínimo de 30 anos, en réxime de comodato gratuíto, e colaborarán coa Fundación na catalogación, difusión e dixitalización dos mesmos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Biblioteca de Galicia, Documental, Arquivo de Galicia...