Persoal, investigadores e fondos do Arquivo da Emigración, Arquivo Sonoro, Arquivo de Comunicación e Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia dependentes do Consello da Cultura Galega estarán fisicamente na Biblioteca da Cidade da Cultura durante os vindeiros dez anos. Así figura no convenio que asinaron esta mañá Roberto Varela, Ramón Villares e Beatriz González, responsables da Consellaría de Cultura, do Consello da Cultura e da Fundación Cidade da Cultura. A medida implicará un aforro de 40.000 euros anuais (custe dos alugueiros dos arquivos por parte do Consello) máis a colaboración institucional de fondos e aplicacións para a xestión do patrimonio documental e bibliográfico.
O Consello da Cultura leva os seus arquivos á Biblioteca da Cidade da Cultura
Trátanse fondos relativos a emigración, comunicación, material sonoro e lingua
27 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Conceptos