O Consello da Cultura dixitalizará o arquivo de Radio Nacional en Galicia

Os traballos prolongaranse durante dous anos

9/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Arredor de 3.400 cintas magnetofónicas, 150 discos magneto-ópticos, 500 casetes e un importante número de CD´s conforman o arquivo de Radio Nacional de España en Galicia. Un importante legado sonoro e documental que agora será catalogado e dixitalizado da man do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura. Ao longo dos vindeiros dous anos, persoal do Consello traballará na sede da radio na Coruña e encargarase do traslado dos fondos que se conservan nas diferentes delegacións da cadea, mentres Radio Nacional achegará os medios técnicos necesarios para a tarefa.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

30/10/2020

O arquivo do aire

Consultar a base de datos do Fondo de Gravacións de Radio Nacional de España en Galicia depositado no Arquivo Sonoro de Galicia ofrécenos a posibilidade de facer unha viaxe pola historia audible da cultura do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Arquivo Sonoro de Galicia, A Coruña, Consello da Cultura Galega