A radio é o primeiro medio de comunicación de masas da era eléctrica e ten as súas propias características de recepción, que fan dela unha ferramenta da imaxinación con capacidade para entrar nos fogares ou acompañarnos alí onde vaiamos en cada momento. As palabras lánzanse ao aire, que así é como se lle chama ao momento da transmisión en directo, "estar no aire", pero non as leva o vento, xa que tamén son recollidas e almacenadas para calquera uso posterior, coma testemuña e documento de un momento concreto, dunhas verbas pronunciadas por alguén, talvez moi pensadas talvez froito da improvisación, en calquera caso propias e intransferibles. Desde hoxe o Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega, ofrece a posibilidade de consultar un compendio espectacular de rexistros radiofónicos pertencente ao Fondo de Gravacións de Radio Nacional de España. Preto de sete mil rexistros que corresponden con emisións da canle pública estatal entre os anos 1941 e 2003, xa foran emisións para toda España ou só para o ámbito galego, e nos que aparecen as voces en declaracións, entrevistas e intervencións de grande parte das persoas máis destacadas e protagonistas da historia de Galicia deses case sesenta anos.
Á hora de mergullarse neste océano de gravacións os focos de atracción e os camiños a tomar poden ser tan variados e diversos os intereses coma na propia vida, reflectida nos formatos dos máis de 190 programas que se recollen durante a traxectoria deste medio público, atendendo á actualidade de cada un dos momentos. No relativo aos nomes propios da nosa intelectualidade a lista dos presentes neste fondo é colosal. Desde as figuras máis senlleiras coma Castelao, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Luís Seoane, Maruja Mallo, Isaac Díaz Pardo, Manuel Chamoso ou Ricardo Carballo Calero ata as seguintes xeracións da cultura galega na transición coma Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Manuel María ou Miguel Anxo Fernán Vello entre moitas ducias de nomes. Se ben o valor para o achegamento a estes sons do aire radiofónico pode atoparse desde o estudio dos eventos máis históricos, sexan de corte social ou político, tamén desde o punto de vista do desenvolvemento da nosa cultura destacan nestes milleiros de arquivos as voces daquelas persoas cuxas achegas marcan o devir da nosa cultura ata o momento actual. Tan só cunha pequena mostra das gravacións recollidas neste suculento fondo sonoro podemos facer un curioso percorrido de enorme calado cultural na perspectiva actual, visitando momentos concretos e destacados da nosa historia recente ou comprobando a vixencia de moitas das opinións que o paso do tempo non fai máis que permitirnos valorar aínda máis.
Destacan en cantidade dentro deste enorme fondo sonoro aqueles rexistros das décadas dos anos 70 e 80, un período que engloba no político e social desde o final da ditadura militar e inicios da democracia e no cultural a chegada de aires novos e modernidade. Sobre todo no período de vixencia da emisora en galego Radio 4 de Radio Nacional de España entre 1985 e 1991, multiplicábanse os contidos no noso idioma ao mesmo tempo que o propio tecido cultural estaba en ebulición rompedora. Este febril período de cambios hoxe xa está en proceso de revisión a moitos niveis populares que, no caso de Galicia resultan dun enorme interese por comprender a fase pre-autonómica e os primeiros pasos do goberno da Xunta de Galicia coa tarefa que tiña por diante no relativo á cultura, a identidade galega, o patrimonio do país e a lingua propia.
Anécdotas para unha historia
As anécdotas son partes da historia que só en contadas ocasións chegan a libros ou crónicas e do recordo de quen as viviu dependemos para coñecelas. A importancia destes momentos e situacións pode ser crecente co paso do tempo e os protagonistas ou testemuñas de moitas delas tamén foron deitando en diferentes programas moitas das que tiñan que ver coa cultura. Así, con motivo dunha reportaxe especial co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Antón Villar Ponte en 1977, podemos hoxe situarnos aínda máis atrás no tempo, no 1917, nos inicios das Irmandades da Fala e o seu afán galeguista. O programa incluíu as achegas destacados intelectuais do tempo coma Manuel Chamoso Lamas, presidente da RAG; Enrique Chao; Rafael Dieste; Marino Dónega; Juan Naya; Ramón Piñeiro e Francisco Vales Villamarín. É grazas á intervención deste último, secretario da RAG e cronista da vila de Betanzos desaparecido en 1982, como podemos hoxe, accedendo a este rexistro sonoro, saber das primeiras interpretacións do himno galego pola banda municipal de Betanzos e os curiosos conflitos que daba a introdución popular da peza.
Voz: Francisco Vales Villamarín.
Locutor: Jose Luis De Tena
Hai algunhas destas anécdotas e voces que a propia actualidade que estamos a vivir da nosa cultura fai especialmente necesarias de recordar. No caso de Maruja Mallo (1902-1995) temos aí encarnada nunha das figuras galegas da Xeración do 27 a representación do feminismo nas correntes intelectuais de principios do século XX e ademais unha testemuña directa sobre Federico García Lorca, reivindicado hoxe en día como escritor galego e homenaxeado en Compostela polos seus Seis poemas galegos. A artista foi obxecto dunha entrevista en RNE no ano 1983, dentro dun formato semanal que durou uns meses coñecido como Retratos de una generación. Aquí é ademais o coñecido Michi Panero (1951-2004), fillo do poeta Leopoldo Panero, o encargado de facerlle sacar unha das moitas anécdotas das vivencias compartidas pola artista co propio Lorca e Salvador Dalí durante o seu paso pola Residencia de Estudiantes en plena ditadura do Xeneral Primo de Rivera. Mallo relata o feito que levou a crear para as mulleres da Xeración do 27 o apelativo de "Las Sinsombrero", un nome que despois transformouse nunha iniciativa para dar visibilidade a estas mulleres intelectuais avanzadas ao seu tempo que logo foron vítimas da represión e o exilio e inxustamente esquecidas.
Voz: Maruja Mallo.
Entrevistador: Michi Panero
Subir na máquina do tempo
Entre estes preto de sete mil rexistros son moitos aqueles que recollen momentos que se están a producir e a vivir en lugares fóra dos propios estudios radiofónicos. Os micrófonos dos periodistas de Radio Nacional situábanse moitas veces nos puntos onde a actualidade estaba a ocorrer e recollían así o momento nas voces dos alí presentes. A capacidade do medio radiofónico de transportarnos e enorme, a falta das imaxes que traería unha realización audiovisual é o noso cerebro o encargado de transformar en imaxes o que estamos a escoitar e trasladarnos alí nunha viaxe no tempo digna da ciencia ficción xa que alcanza un nivel de sensacións de presenza complicado de alcanzar por outros medios.
O 28 de febreiro de 1981 morría en Vigo Álvaro Cunqueiro, xa recoñecido entón polos seus coetáneos coma un dos máis grandes narradores en lingua galega de todos os tempos. Eran tempos de esperanza para o galeguismo co Estatuto de Galicia recentemente aprobado e o paso do goberno pre-autonómico á primeira Xunta de Galicia saída dun proceso de eleccións no país. Se ben nese nivel o ano 1981 presentábase cunha promesa esperanzadora a morte do escritor caeu dura nos ánimos dos integrantes da comunidade cultural. A Mondoñedo, onde foi enterrado o 1 de marzo ante unha multitude de case dous milleiros de persoas, se achegaron tamén os micrófonos de RNE para recoller in situ as reaccións das destacadas personalidades que alí confluíron. O programa especial feito para a ocasión por Constantino Cabanas recolleu alí as voces desoladas de Xosé Armesto Faginas; Isaac Díaz Pardo Rafael Dieste; Marino Dónega; Xosé Filgueira Valverde; Andrés Torres Queiruga; Luís Álvarez Pousa; Alfredo Conde ou Xose Chao Rego entre outros sinalando a grande perda para Galicia daquel home que, segundo quixo poñer na súa tumba "coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis. Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que chamamos Galicia". A gravación feita das declaracións no sitio do que era nese momento Presidente da Real Academia Galega, Domingo García-Sabell, coas campás tocando a morto detrás da súa voz, conseguen meternos na sensación de perda do momento.
Voz: Domingo García-Sabell
Dando un salto de seis anos que nos permite este enorme Fondo Sonoro, no ano 1987 achamos de novo ao mesmo protagonista, Domingo García Sabell (1906-2003), esta vez vivindo en directo ante o micrófono de Radio Nacional de España coma testemuña, un momento de certa tensión no sector cultural. Nese momento, co goberno tripartito na Xunta, García-Sabell compaxinaba o seu cargo de Presidente da Real Academia Galega (que exerceu entre 1979 e 1997) co de Delegado do Goberno en Galicia (1981 a 1996), unha situación que non era do agrado de parte do colectivo cultural do país. Na gravación de RNE recóllese un acto de recepción por parte de García-Sabell dun documento coas reivindicacións que desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega facía á RAG, entre as que estaba a dimisión do presente presidente. García-Sabell vese fronte ás reclamacións que alí lle fan, entre outros (e por esa orde neste anaco), Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nese momento aínda non entrara a formar parte da RAG, cousa que faría no ano 2000 para despois ser o presidente da entidade entre 2010 e 2013. Ao escoitar esta gravación do directo sitúannos, sen necesidade de cronistas intermediarios, no ambiente do momento e no diálogo en tempo real.
Voces: Uxío Novoneyra, Domingo García-Sabell e Xosé Luís Méndez Ferrín
Sitio distinto
Antes de que Manuel Fraga chegase á presidencia da Xunta de Galicia en 1990, os anos 80 foron un fervedoiro que queda ben reflectido entre as numerosas gravacións que agora acolle o Arquivo Sonoro de Galicia. No plano político o Estatuto e os inicios do autogoberno impulsaban a reactivación e visibilidade de todas as correntes culturais identitarias nunha resistencia contra a entrada sen filtros da modernidade entendida nos termos que emanaban da capital do Estado. Os medios nese sentido, coma transmisores da realidade contribuían a conformala e non era poucas as voces que se levantaban contra unha tendencia a uniformizar a diversidade e a substituír o propio polo alleo. Os rexistros deixan escoitar a algúns dos axentes culturais do país elevar esa protesta ante a cidadanía galega ou ante os responsables destes medios.
Hoxe podemos escoitar a un dos que estivo e participou tamén dese encontro entre a AELG e o Presidente da RAG, o escritor, realizador e músico Antón Reixa (1957). Foi un dos protagonistas máis activos da cultura galega nos anos 80, xa desde a súa rompedora banda Os Resentidos coma na súa faceta de poeta, parte dela no grupo poético Rompente. A súa pegada é aínda hoxe visible entre outros motivos polo feito de ser pioneiros en facer rock en galego e polo impulso que grazas á súa serie Mareas vivas (1998) se deu ao audiovisual galego televisivo. Pero cando aínda faltaban moitos anos para iso, en xuño de 1986, Reixa deu unha conferencia sobre a cultura galega tomando coma base o seu poema Galicia Sitio distinto.0 Convidado polo Clube Nacionalista Alén Nós, creado no 1986 por membros do partido Coalición Galega, o artista ía poñendo sobre a mesa un retrato crítico do momento que atinxía desde as institucións ás medios de comunicación públicos galegos, as industrias culturais e a ese problema da imposición dunha imaxe estandarizada que nada tiña que ver cos elementos diferenciais do país. Un ano máis tarde desta conferencia Antón Reixa estrearía no Teatro Colón da Coruña a súa obra After Shave ante un patio de butacas abarrotado, como así consta noutra gravación deste Fondo Sonoro coa obra íntegra.
Voz: Antón Reixa
O xeito en que se presentan os contidos e no que se elixen non é fortuíto nunca e facer radio non é algo neutral, así mesmo o expresaba Víctor Fernández Freixanes durante os Primeiros Encontros da Comunicación: A Radio que tiveron lugar na Coruña en 1983, organizados pola mesma compañía RNE co apoio da Deputación Provincial. O comentario aludía xustamente a esa necesidade de ver reflectidos nos medios nacionais as historias, linguas e cultura das nacionalidades históricas. O que é hoxe Presidente da Real Academia Galega acudía alí como parte do sector da comunicación. Naquel momento escritor, profesor e xornalista, Freixanes traballou en Radio Popular de Vigo e posteriormente dirixiría na TVG o programa A Trabe de Ouro. Neste encontro da Coruña, que convocaba ao mundo da radio e ante o que naquel momento era o Director de RNE, Francisco Delgado, Víctor F. Freixanes falaba da ausencia da pluralidade cultural do Estado nos medios públicos nacionais e dun proceso de "desculturización", incidindo nesa resistencia identitaria ante a imposición total de referencias alleas. Delgado admitiu, tal e como consta na gravación integral do encontro, unha "falta de sensibilidade" desde Madrid nese sentido e xa adiantaba nese momento a vindeira apertura da canle en galego Radio 4, que se abriría efectivamente dous anos despois destas intervencións en 1985. Parte da vehemente intervención de Freixanes adquire hoxe, coa perspectiva actual, certos aires proféticos e mantén a súa plena vixencia.
Voces: Víctor F. Freixanes e Fernando Delgado
Son 382 as gravacións deste Fondo Sonoro de RNE que se corresponden coa etapa de Radio 4 en Galicia, que pechou as súas emisións o 24 de xullo de 1991. De entre estes milleiros de rexistros da nosa historia e dos seus protagonistas podemos atopar centos e centos máis susceptibles de ser recuperados, investigados e traídos de novo a primeiro plano pola súa importancia, singularidade ou vixencia. Sons que en todo caso nos contan ao oído a narración dos días vividos e conformación do que hoxe somos como cultura e como país.

Programa: Conozca usted Galicia

Programa: Retratos de una generación

Entrevista en Mondoñedo durante o enterro de Álvaro Cunqueiro
Voz: Domingo García-Sabell
Dando un salto de seis anos que nos permite este enorme Fondo Sonoro, no ano 1987 achamos de novo ao mesmo protagonista, Domingo García Sabell (1906-2003), esta vez vivindo en directo ante o micrófono de Radio Nacional de España coma testemuña, un momento de certa tensión no sector cultural. Nese momento, co goberno tripartito na Xunta, García-Sabell compaxinaba o seu cargo de Presidente da Real Academia Galega (que exerceu entre 1979 e 1997) co de Delegado do Goberno en Galicia (1981 a 1996), unha situación que non era do agrado de parte do colectivo cultural do país. Na gravación de RNE recóllese un acto de recepción por parte de García-Sabell dun documento coas reivindicacións que desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega facía á RAG, entre as que estaba a dimisión do presente presidente. García-Sabell vese fronte ás reclamacións que alí lle fan, entre outros (e por esa orde neste anaco), Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nese momento aínda non entrara a formar parte da RAG, cousa que faría no ano 2000 para despois ser o presidente da entidade entre 2010 e 2013. Ao escoitar esta gravación do directo sitúannos, sen necesidade de cronistas intermediarios, no ambiente do momento e no diálogo en tempo real.
Retransmisión do acto de entrega das reivindicacións da AELG a Domingo García Sabell
Voces: Uxío Novoneyra, Domingo García-Sabell e Xosé Luís Méndez Ferrín
Sitio distinto
Antes de que Manuel Fraga chegase á presidencia da Xunta de Galicia en 1990, os anos 80 foron un fervedoiro que queda ben reflectido entre as numerosas gravacións que agora acolle o Arquivo Sonoro de Galicia. No plano político o Estatuto e os inicios do autogoberno impulsaban a reactivación e visibilidade de todas as correntes culturais identitarias nunha resistencia contra a entrada sen filtros da modernidade entendida nos termos que emanaban da capital do Estado. Os medios nese sentido, coma transmisores da realidade contribuían a conformala e non era poucas as voces que se levantaban contra unha tendencia a uniformizar a diversidade e a substituír o propio polo alleo. Os rexistros deixan escoitar a algúns dos axentes culturais do país elevar esa protesta ante a cidadanía galega ou ante os responsables destes medios.
Hoxe podemos escoitar a un dos que estivo e participou tamén dese encontro entre a AELG e o Presidente da RAG, o escritor, realizador e músico Antón Reixa (1957). Foi un dos protagonistas máis activos da cultura galega nos anos 80, xa desde a súa rompedora banda Os Resentidos coma na súa faceta de poeta, parte dela no grupo poético Rompente. A súa pegada é aínda hoxe visible entre outros motivos polo feito de ser pioneiros en facer rock en galego e polo impulso que grazas á súa serie Mareas vivas (1998) se deu ao audiovisual galego televisivo. Pero cando aínda faltaban moitos anos para iso, en xuño de 1986, Reixa deu unha conferencia sobre a cultura galega tomando coma base o seu poema Galicia Sitio distinto.0 Convidado polo Clube Nacionalista Alén Nós, creado no 1986 por membros do partido Coalición Galega, o artista ía poñendo sobre a mesa un retrato crítico do momento que atinxía desde as institucións ás medios de comunicación públicos galegos, as industrias culturais e a ese problema da imposición dunha imaxe estandarizada que nada tiña que ver cos elementos diferenciais do país. Un ano máis tarde desta conferencia Antón Reixa estrearía no Teatro Colón da Coruña a súa obra After Shave ante un patio de butacas abarrotado, como así consta noutra gravación deste Fondo Sonoro coa obra íntegra.
Conferencia sobre a cultura galega de Antón Reixa no Clube Alén Nós
Voz: Antón Reixa
O xeito en que se presentan os contidos e no que se elixen non é fortuíto nunca e facer radio non é algo neutral, así mesmo o expresaba Víctor Fernández Freixanes durante os Primeiros Encontros da Comunicación: A Radio que tiveron lugar na Coruña en 1983, organizados pola mesma compañía RNE co apoio da Deputación Provincial. O comentario aludía xustamente a esa necesidade de ver reflectidos nos medios nacionais as historias, linguas e cultura das nacionalidades históricas. O que é hoxe Presidente da Real Academia Galega acudía alí como parte do sector da comunicación. Naquel momento escritor, profesor e xornalista, Freixanes traballou en Radio Popular de Vigo e posteriormente dirixiría na TVG o programa A Trabe de Ouro. Neste encontro da Coruña, que convocaba ao mundo da radio e ante o que naquel momento era o Director de RNE, Francisco Delgado, Víctor F. Freixanes falaba da ausencia da pluralidade cultural do Estado nos medios públicos nacionais e dun proceso de "desculturización", incidindo nesa resistencia identitaria ante a imposición total de referencias alleas. Delgado admitiu, tal e como consta na gravación integral do encontro, unha "falta de sensibilidade" desde Madrid nese sentido e xa adiantaba nese momento a vindeira apertura da canle en galego Radio 4, que se abriría efectivamente dous anos despois destas intervencións en 1985. Parte da vehemente intervención de Freixanes adquire hoxe, coa perspectiva actual, certos aires proféticos e mantén a súa plena vixencia.
Primeros Encuentros de la Comunicación: La radio.