O Arquivo Sonoro de Galicia atesoura máis de 50.000 rexistros sonoros que constitúen unha memoria oral e musical do paÃs. Entre eles, pódese afondar no "coñecemento da lingua galega, da nosa historia, dos movementos migratorios, da resistencia cultural no exilio e na diáspora, dos movementos sociais, do patrimonio oral ou da nosa música", entre outros ámbitos. Tamén a colección de máis de 700 discos de lousa que dan conta dos inicios da música gravada galega en diferentes xéneros. Para dalos a coñecer e amosar as súas posibilidades de investigación e difusión, o Consello da Cultura Galega organiza mañá xoves 11 de abril a xornada "O Arquivo Sonoro de Galicia: fondos inesgotables para aprehender a nosa cultura". Nela participará MarÃa Jesús López Lorenzo, xefa do servizo de Documentos Sonoros e Audiovisuais da Biblioteca Nacional de España, falando dos documentos sonoros como fonte primaria de información. De seguido dous membros da comisión do Arquivo Sonoro de Galicia, Xaime Estévez e Beatriz Cancela, amosarán a relevancia do Arquivo Sonoro de Galicia tanto para documentos singulares como para a música das bandas de música e orfeóns. A inscrición é de balde e o evento transmitirase tamén a través de Internet.